Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións do Castro

 

Osedo, s/n

15168 Sada (A Coruña)

Tel.: 981 62 02 00

Fax: 981 62 38 04

http://www.sargadelos.com

ocastro@sargadelos.com

 

Edicións do Castro

Edicións do Castro

Edicións do Castro foi concibida por Luís Seoane dentro do Laboratorio de Formas, quen no 1963 publicou con este selo os primeiros orixinais posibles: O Touro Xúbilo e O Meco, colección de gravados que xa tiñan un significado social para quen puidera entendelos.

A creación desta editorial respondía á intención de estudar e divulgar a memoria histórica de Galicia, obxectivo principal do programa de actuacións do Laboratorio de Formas, a quen se deben, xunto con outras empresas, as Edicións do Castro.

Co tempo, foron aparecendo diferentes coleccións; hai que subliñar así a aparición de documentos : colección emblemática que se dedica á divulgación de testemuñas da nosa historia máis recente, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos: colección de libros científicos, Cadernos do Seminario de Sargadelos e tamén revistas como Gallaecia, Unión Libre ou Luzes , mais tamén coleccións de libros de ensaio, historia, e tamén de literatura: teatro, poesía e narrativa. Precisamente é un libro de narrativa para nenos o que se converteu no máis vendido da historia da literatura galega: Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

Hoxe, despois de corenta anos de labor editorial traballando pola nosa historia, pola nosa lingua e a nosa cultura, e con máis de 1350 títulos publicados, vimos de iniciar, en colaboración, outra nova colección: a Biblioteca do Exilio, que simboliza o espírito que anima a esta empresa. Esta colección pretende loitar contra o silencio e o esquecemento que rodearon aos nosos exiliados republicanos de 1939, e recuperar así un patrimonio intelectual que complete a historia da literatura e da cultura do século XX.

 

Ano fundación: 1963

Cargos directivos:
Director: Isaac Díaz Pardo
Coordinación: Charo Portela Yáñez

Liña editorial:
Arte. Humanidades e Ciencias Sociais. Libros científicos e técnicos. Literatura.

Coleccións:
Arte. Ensaio. Historia. Teatro. Narrativa. Poesía. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Cadernos do Seminario de Sargadelos. Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia. Biblioteca do Exilio. Revistas: Luzes, Gallaecia, Unión Libre.

Títulos do catálogo: 1.350

Prefixos do isbn: 84-7492, 84-85134, 84-8485

Linguas nas que edita: Galego e castelán

Distribuidores: Edicións do Castro (Galicia); Breogán (Madrid)
Renacemento (fóra de Galicia)

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?