
Polígono de Pocomaco, 2ª Avenida. Parcela A2/22
15190 A Coruña
Tel.: 981 174 296
Fax: 981 915 698
comercial@baiaedicions.net
Mariona Quadrada é a autora do título editado por Baía Edicións "Ensaladas. A frescura da terra"
A ensalada, até hai...
Fábula galénica de Baía EdiciónsFábula Galénica é o texto gañador para teatros de monicreques do Premio Barriga Verde 2011 que publicado por Baía Edicións...
A colección O Baúl dos monstros de Baía edicións publica o seu segundo número "O vampiro"Enric Lluch escribe o segundo número da colección, "O vampiro" coas ilustracións de Fernando Falcone
O libro conta a historia...

Baía Edicións é unha editorial galega de caracter xeneralista. Fundada na cidade da Coruña, no noroeste da península Ibérica en 1990, leva desde entón sorprendendo a lectores e lectoras con obras de coidada edición e grande interese nas súas moitas liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza, etc.
De entre todas as coleccións destacamos as seguintes:
- Xiz de cor, relatos e poemas infantís combínanse nesta colección de álbum ilustrado de produción propia, onde se amosa a mellor creación de autores e ilustradores, así como as súas diferentes sensibilidades.
- Contos da igualdade, historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
- Cempés, contos pensados para ler e mirar cos máis pequenos da casa, con sinxelas historias onde a parte plástica é tanto ou máis importante que o texto escrito.
- Guías de natureza, desde os inicios apostamos pola divulgación do medio natural, pois entendemos que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Nas nosas guías conflúen rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Carlos Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
Ano fundación: 1990
Cargos directivos:
Directora Editorial: María Belén López Vázquez
Conselleiro Delegado: Xoán Miguel Pazos Castelo
Liña editorial:
Traballar no eido da normalización lingüística e da promoción cultural no noso país
Coleccións:
Baía Verde. Baía Narrativa. Baía Branca (Poesía). Baía Teatro. Meiga Moira. Retallos da nosa Historia. Mar de Letras. Patrimonio Cultural e Natural. Baía Pensamento. Xiz de Cor. Contos da Igualdade. Guías de Recursos. Manuais de Galego e Dicionarios. Textos para Primaria, ESO e Bacharelato.
Títulos do catálogo: 340 (ata decembro de 2007)
Prefixos do isbn: 87674, 89803, 96128, 96526, 96893
Linguas nas que edita: Galego
Distribuidores: Consorcio Editorial Galego
Estrada da Estación, 70 A · A Portela
36885 Redondela
Teléfono: 986 40 50 51
Fax: 986 40 49 35
E-mail: pedimentos@coegal.com
Ámbito de distribución: En exclusiva para todo o mundo
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.