Venres, 02 Marzo 2012
A Xunta Direcitva da Asociación Galega de Editores acordóu por unanimidade outorgar o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 ao libreiro e editor Xesús Couceiro. O galardón recoñece o labor realizado por unha persoa a prol da cultura do libro serálle entregado en Compostela o vindeiro venres, 9 de marzo, no transcurso da Noite da Edición, onde tamén serán entregados os premios do sector correspondentes ó ano 2011.
Xesús Couceiro foi un gran promotor do libro galego e a súa librería un lugar de referencia para estudosos, universitarios e personalidades do mundo da Cultura. Couceiro é libreiro desde o ano 1969. No ano 2007 puxo en marcha unha magnífica librería nun espazo emblemático da cidade, na Praza de Cervantes, onde vén axudando a dinamizar o comercio local. Os seus fillos son, a día de hoxe, o presente e o futuro da Libraría Couceiro.
A xornalista Iria Pinheiro dinamizará a gala
Na Noite da Edición, que se vai celebrar en Compostela, no Hotel A Quinta da Auga, teñen confirmada a súa presenza personalidades da sociedade galega, do mundo do libro, a cultura, e a política.
Acturará como mantedora da gala a xornalista Iria Pinheiro. O recoñecemento á edición histórica recaerá este ano en Andavira Editora, fundada hai 25 anos co nome de Edicións Tórculo.
A nova en Brétemas
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.