Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións Tambre

 

Severino Cobas, 142 (Lavadores)
36214 Vigo

Tel.: 986 272 013

Fax: 986 272 242

http://www.edelvives.com

vigo@edicionstambre.com


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións Tambre - Luis Vives

Edicións Tambre como empresa pertence ao Grupo Editorial Luis Vives, formado por seis selos editoriais, entre os que tamén se atopan Edelvives, Ibaizábal, Baula, Alhucema, e máis os Talleres Gráficos.

Todo o Grupo Editorial Luis Vives móvese cun obxectivo común: o esforzo en promover a educación nos valores que enchen de contido a democracia e o noso desexo de estar presentes con valentía e creatividade no mundo da edición, lugar de creación artística, científica e técnica e ámbito privilexiado para a reflexión humanística.

O noso proxecto empresarial aposta por un modelo de desenvolvemento sostible que satisfaga as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras. Traballamos por unha cultura da solidariedade, a sobriedade e o consumo racional.

Dentro deste obxectivo común para todo o grupo a finalidade concreta de Edicións Tambre é a edición de libros en galego, tanto de texto como de literatura para contribuír ao desenvolvemento educativo e social da nosa lingua e cultura.

En texto a oferta vai dende as idades máis temperás, que abranguen a Educación Infantil ata o Bacharelato.

En literatura a colección Ala Delta en galego está recomendada para idades máis infantís, mentres que para o público xuvenil achégase a oferta da colección Catavento. Para os máis pequerrechos e para aqueles que comezan a ler tamén teñen ao seu dispor libros adaptados ás súas idades e competencia lectora.

Dentro do catálogo temos publicados libros que foron galardoados nos premios que cada ano convoca Editorial Luis Vives, entre outros:
  • Aínda quedan piratas na Costa da Morte, de Consuelo Jiménez de Cisneros, V Premio Ala Delta, 1994.
  • Maíto Panduro, de Gonzalo Moure, XII Premio Ala Delta, 2001.
  • O cazador de estrelas, de Ricardo Gómez, III Premio Narrativa Xuvenil, 2003.
  • A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán, de Marilar Aleixandre, finalista do Premio Nacional de Literatura 2004.
  • O carteiro de Bagdad, de Marcos S. Calveiro, XVIII Premio Ala Delta, 2007.
  • Eu vivía na fin do mundo, de Ramón Trigo, premio do II Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Bibiloteca Insular do Cabildo de Gran Canaria, 2007.

O obxectivo último de Edicións Tambre é o servizo á persoa e á cultura.

 

Ano fundación: 1993

Cargos directivos:
Director xeral: Antonio Giménez de Bagüés
Xerente: Isabelino Reiné Carrasco
Administración e loxística: Antonio López Prieto
Responsable de edicións: Óscar Fontán
Coordinador de literatura: Ignacio Chao.

Liña editorial:
Libro de texto desde Educación Infantil ata Bacharelato. Literatura Infantil e Xuvenil

Coleccións:
Texto: Zoom. +Q1. Mundo Auga. Dinorah. Biblia e Escola. O País das letras. Nubaris. Rumbo Nubaris.
Literatura infantil e xuvenil: Ala Delta. Catavento. Uxía. Iago. Tento

Títulos do catálogo: 300

Prefixos do isbn: 9677

Linguas nas que edita: Galego

Distribuidores: Distribución propia
Torre Libros
Grialibros
Distribucións Arnoia

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?