Benvidos á era dixital

O proxecto Escola 2.0 pretende integrar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nos centros educativos sostidos con fondos públicos que contempla o uso dun ordeador portátil por parte de cada alumno. Segundo o Ministerio de Educación o Programa é unha forma de por en marcha as aulas dixitais do século XXI que deberían estar dotadas dunha infraestructura tecnolóxica e de conectividade básica para abrilas á realidade. As actuacións realizaránse entre o 2009 e o 2013 e centraránse no terceiro ciclo de Educación Primaria e no primeiro ciclo da ESO.
É un proxecto que se está a desenvolver en estreita colaboración entre o Ministerio, Comunidades Autónomas, os centros, as empresas tecnolóxicas e de comunicación, as editoriais e as empresas de software comunicativo. Ademáis é un programa que se esta a levar a cabo nos 27 países da Unión Europea.
Panorama xeral europeo
Dentro dos lindes europeos a maioría dos centros educativos dispoñen de equipos informáticos, pero atopamos unha notable diferencia entre uns países e outros. Así mentres a media europea é de 9 ordeadores por cada 100 alumnos, Dinamarca(27), Noruega (24), Paises Baixos(21), Reino Unido (20) e Luxemburgo (20) son os líderes indiscutibles superando con creces esta media. España atópase no nivel medio europeo con 9 ordeadores por cada 100 alumnos.
Ademáis, esta diferenza tamén varía segundo sexan centros de Educación Primaria ( 9 ordeadores por cada 100 alumnos), ou alumnos en FP (16 ordeadores por cada 100 alumnos) que contan casi co dobre de recursos ó igual que sucede cós centros de ensinanza secundaria. O caso español é semllante xa que o número de ordeadores por cada 100 alumnos aumenta a medida co nivel sube, sendo os centros de FP e os de educación secundaria superior os que contan cun mellor equipamento.
TIC, informática ou servizo?
A diferencia máis importante do uso das TIC é a de velas como unha materia en sí mesma (informática) ou integradas a outras materias. O motivo desta diferenciación é que moitos países nos que as TICs son un avance recente non teñen coñecementos dabondo de informática para aplicalos o estudo doutras materias. Nembargantes, en países onde esta tecnoloxía esta máis avanzada, os profesores admiten que o uso das TIC esta practicamente integrado na ensinanza de case tódalas materias.
Fontes: anele, aulatic e Instituto de Tecnoloxías educativas do Ministerio de Educación
Finalidade das TIC
O nacemento deste proxecto ten tres finalidades básicas para os alumnos dos países da OCDE. A primeira é a de familiarizarse co manexo das propias ferramentas informáticas para adquirir unha serie de destrezas que cada vez son máis necesarias para a formación do século XXI. Ademáis as TIC buscan potenciar métodos, estratexias e actividades de ensinanza e aprendizaxe propias do currículo en contexto "especiais" como o e-learning, situacións de illamento físico dos centros ou alumnos con necesidades especiais.
A última das finalidades das TIC dase no contexto da aula ordinaria, aquí o obxectivo é potenciar o rendemento noutras materias do currículo.
Unha das mellores bazas para que as TIC poidan amosar a sua utilidade na aula son os contidos, porque o verdadeiro valor engadido das TIC proporcionano os contidos, uns Recursos Dixitais de Aprendizaxe (RAD) de calidade contrastada que funcionan como forma de introducir innovación na educación e mellorar os resultados educativos.
Investigar nesta liña ten unha importancia capital tamén para o sector editorial xa que a expansión da educación a contextos informais está a favorecer o uso de internet como sustituto de software educativo. Por iso as grandes editorias europeas xa publican os seus libros de texto en papel e en versión electrónica. Deben asumir o reto de ofertar novos materiais de calidade contrastada pero moito máis flexibles, tanto en contidos como en formato. A aparición no mercado de novos axentes productores de pezas de aprendizaxe debe servir como impulso para seguir elaborando materiais capaces de extraer tódalas potencialidades das TIC e levarnos a unha mellora no rendemento dos alumnos do século XXI
Edita:
AGE (Asociación Galega de Editores)
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tlfno. 981 570 937
age@editoresgalegos.org
www.editoresgalegos.org
Presidente: Manuel Bragado Rodríguez
© Asociación Galega de Editores
Esta revista é publicada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.



