Asociación Galega de Editores

 

Contexto e evolución dos últimos anos

           

            Segundo as publicacións realizadas por diversas institucións do libro durante o ano 2010, entre as que destacan o Informe de Comercio Interior do Libro, da FGEE e os datos do Observatorio do Libro do MCU, a situación da edición e a tradución en  Galicia en relación ás demais comunidades autónomas permite constatar que a situación en  Galicia evolucionou considerablemente nos últimos anos, pasando de 3.044 publicacións en 2005 a 4.069 no 2009. Cómpre ter en conta que dese cómputo tamén forman parte as edicións e publicacións das  institucións públicas galegas.

 Os  datos dende o trimestre de Xulio a Septembre do 2009 ata o mesmo trimestre do 2010, amosan que os libros publicados en  lingua galega ocupan un terceiro posto, solo por detrás dos publicados en español e catalán.

 

Datos globais

ISBNs inscritos

2005

2006

2007

2008

2009

 

Galicia

A Coruña

1.705

2.014

1.791

2.028

2.537

Lugo

92

110

113

70

77

Ourense

116

78

136

154

101

Pontevedra

1.131

1.027

1.356

1.438

1.354

Subtotal Galicia:

3.044

3.229

3.396

3.690

4.069

Fonte: Ministerio de Cultura

 

Cómpre  destacar a importancia da traducción para o sector galego, situándose na  terceira posición, cun 5,4% do total de obras traducidas procedentes de linguas españolas. Tamén ocupa unha terceira posición como lingua destinataria por debaixo do catalán e do español.

O 2007 foi o ano no que se conseguiu un maior número de traducións ó galego, 438 títulos, confirmando a tendencia a alza que comezara no 2001, e asentando o labor da tradución en Galicia nun sexto posto a  nivel nacional. O 18% de toda a edición galega durante o 2007  foron traducións.

 

                                   Total de traduccións ó galego

ANO

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

TOTAL

Traduccións

120

170

265

326

349

245

370

438

2383

Fonte: Ministerio de Cultura

 

 

                                   Total de traduccións do galego (ano 2007)      

Idioma de publicación

Número de títulos

                 %

Castelán

93

59,6%

Inglés

22

14,1%

Portugués

19

12,2%

Catalán

12

7,7%

Francés

7

4,5%

Euskera

3

1,9%

TOTAL

156

100%

Fonte: Ministerio de Cultura

 

 

A prol do libro no 2010

 

A  Consellería de Cultura da Xunta, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, fíxose consciente do valor estratéxico do libro para a expresión do dereito á creación e para a promoción e divulgación da cultura para non perder a tendencia positiva alcanzada nestes últimos anos.

O ano 2010, declarado do  Libro e a Lectura pola Xunta de Galicia,  era unha reivindicación do sector do libro galego, que xa no ano 2008 propuxera a creación dunha campaña transversal de promoción da lectura.

O sector do libro reivindica moitas máis accións institucionais a prol da lectura e do libro, como elementos imprescindibles do acceso ao coñecemento.  

O feito de que o libro se atope nunha intersección, derivada da compatibilidade de dous sistemas produtivos, o analóxico e o dixital, os  cambios nos hábitos culturais, ou a progresiva dimensión da cultura como ben de consumo, supoñen novos retos para o sector, pero tamén novas oportunidades.

 

 

 

Edita:
AGE (Asociación Galega de Editores)
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tlfno. 981 570 937
age@editoresgalegos.org
www.editoresgalegos.org

Presidente: Manuel Bragado Rodríguez

© Asociación Galega de Editores
Esta revista é publicada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?