A Asociación Galega de Editores traballa na promoción do comercio internacional a través de accións destinadas a dar a coñecer a produción do sector editorial galego. A participación en feiras internacionais do libro e o establecemento de relacións de intercambio comercial cos gremios de editores de América Latina e Europa forman parte da axenda anual da entidade. O tirón experimentado por algunhas pequenas editoriais galegas no eido internacional dálle pulo ás iniciativas de traballo no campo do comercio exterior.
Orientación da Industria Cultural no Mundo
Na segunda metade do século XX prodúcese un grande incremento das relacións e os intercambios transnacionais, ao ser o editorial un dos sectores máis activos da industria cultural. Esa enorme e complexa actividade de darlle popularidade e divulgación aos produtos culturais veu sucedida polos procesos de concentración e localización das grandes corporacións da industria cultural mundial. As empresas precisan rendibilizar os seus investimentos e necesitan abrirse a novos públicos e mercados.
O Libro Branco da Unión Europea establece as bases sobre as que se deben orientar as políticas culturais de cara ao novo século ao establecer sistemas abertos e elaborar estratexias internacionais que permitan que as empresas se alíen, e ten como obxectivo final a apertura dun terceiro mercado coa supresión de todo tipo de discriminacións así como asegurar a participación, sen exclusións, do seu pluralismo cultural e lingüístico.
Ligazóns relacionadas:
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.