Asociación Galega de Editores

Logotipo Nova Galicia Edicións

 

Avda. Ricardo Mella, 143-Nave 3

36330 Vigo (Pontevedra)

Tel.: 986 462 111

Fax: 986 462 118

http://www.novagalicia.com/

novagalicia@novagalicia.com


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Nova Galicia Edicións

Nova Galicia Edicións

Nova Galicia Edicións, S. L., editorial fundada en Vigo no ano 1984, nace co obxectivo de dar a coñece-la nosa cultura ó resto do mundo. Debido ó seu rápido crecemento chegou a contar con cinco locais espallados pola cidade de Vigo. Isto motivou a necesidade de centralizar tódolos seus servicios nunha única nave. A nosa nova sede situada na Avenida Ricardo Mella, 143 de Vigo ocupa unha superficie de 2.500 m2.

Nova Galicia Edicións, S. L. está a facer unha proxección da arte e a cultura coa súa presencia nas principais feiras do libro de todo o mundo, co resultado, nestes intres, de negociacións de edicións das súas obras noutras linguas e mesmo ventas en máis de cincuenta países, como son: China, Estados Unidos, Puerto Rico, México, Colombia, Malasia, Irán, Italia, República Dominicana, Brasil…

No ano 1997 inicia os seus ambiciosos proxectos: "Artistas Pintores", "Artistas Arquitectos" e "Artistas Escultores", que recollen as figuras máis representativas da nosa arte. Hoxe en día estes proxectos son xa unha realidade, con 30 volumes editados ata o de agora, na que colabora un equipo humano de máis de 500 persoas entre autores, fotógrafos, deseñadores, infógrafos, maquetadores... Lévanse tratados máis de catrocentos artistas e reproducidas máis de vinte mil obras de arte. Estamos a falar pois dun gran Museo de Arte en soporte papel.

Seguindo na liña da arte, vén realizando dende o ano 2000 a edición da colección "Nova Galicia Arte", monografías dedicadas ós máis importantes artistas da pintura universal, libros de peto de fácil lectura. Por outra parte, a súa actividade neste campo abarca tamén a edición de catálogos de diversas exposicións, buscando sempre a mellor calidade para obter un magnífico resultado final.

Na súa aposta pola promoción da arte e a cultura, Nova Galicia Edicións segue dedicando gran parte da súa actividade e dos seus esforzos á investigación de todos aqueles temas que resultan relevantes no panorama artístico e cultural. Froito destes traballos é o proxecto "Arte e Cultura de Galicia e Norte de Portugal", que supuxo un traballo de dous anos cun estudo exhaustivo dos museos, a arqueoloxía, a etnografía, a arquitectura, a pintura e a escultura de Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Comezando novas liñas editoriais, fixo a súa primeira incursión no mundo do libro infantil e xuvenil no ano 2003 publicando non só narrativa e contos ilustrados, como pode ser a colección "Contos de mamá", senón tamén libros didácticos, destinados tanto aos rapaces como a seus pais e mestres.

Dentro desta nova liña, cabe salientar dúas coleccións: "Saber para vivir" e "Que me dis de..." que tratan sobre temas de actualidade. Trátase de dúas obras de referencia dirixidas á poboación máis nova (nenos e adolescentes), onde todos os temas son tratados desde un punto de vista didáctico co fin de informar e formar aos seus lectores; de extensión curta, cunha linguaxe asequible e actual, de agradable lectura, deseñados e presentados cunha ampla imaxe visual fácil de entender pola xente nova.

 

Ano fundación: 1984

Cargos directivos:
Editor-Director, Carlos del Pulgar; Xerente, José Manuel Cabo

Liña editorial:
Libros de arte ilustrados de gran formato. Libros-guías de consulta sobre os grandes mestres da pintura e os movementos artísticos. Libros de referencia. Narrativa. Literatura infantil e xuvenil. Libros didácticos infantís.

Coleccións:
Artistas Pintores: Artistas Escultores. Artistas Arquitectos. Arte e Cultura de Galicia e Norte de Portugal. Art Book. A Nosa Terra. A Fouce. Saber para vivir. Que me dis de... Saber para crecer. O corpo humano. Enredos e xogos. Traballos manuais para nenos. Debuxo e pintura para nenos. Contos de mamá

Títulos do catálogo: 450 (ata decembro de 2007)

Prefixos do isbn: 87755, 96070, 96293, 85401, 96950

Linguas nas que edita: Castelán, galego, inglés e portugués.

Distribuidores: Distribución propia

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?