
Rúa Italia, 37, oficina 10
36162 Pontevedra
Tel.: 986 860 276
Fax: 986 100 280
editora@kalandraka.com
Artur, álbum ilustrado editado por Faktoría K“Artur” é unha das publicacións recentes de Faktoría K, un selo editorial de Kalandraka. Trátase dun álbum ilustrado de...
Kalandraka fabrica 'Libros para Soñar' coa súa lectura narrativa e visual. Dende aquel 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998 en que a editorial comezou a dar os seus primeiros pasos, Kalandraka achégalles aos lectores, cativos e grandes, a posibilidade de acceder aos clásicos de creadores senlleiros, aos contos tradicionais, a obras de autor e a títulos que, en xeral, destacan pola súa calidade artística e literaria.
Transcorridos máis de dez anos, a produción editorial enriqueceuse con libros editados ata en sete linguas. Tamén medraron os límites territoriais: ao mercado estatal, uníronse o veciño Portugal, o hispanoamericano, o anglófono e o asiático. A proxección internacional completouse coa creación do selo Kalandraka en México e Italia.
Os equipos de edición e de deseño son os artífices da rama creativa desta factoría cultural que traballa en contacto permanente con autores, ilustradores, tradutores e axentes. A aposta de Kalandraka polo álbum ilustrado representa o reto para acadar que texto e imaxes se fundan nunha comunicación perfecta, favorecendo que os nenos e nenas teñan a capacidade de comprender as historias mesmo antes de que aprendan a ler.
Unha aposta que ten a súa máxima expresión na convocatoria anual do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago.
A animación á lectura é outro dos piares de Kalandraka a través da libraría 'Libros para Soñar', onde se programan sesións gratuitas de contacontos, encontros con autores e ilustradores, e exposicións. Mais tamén o equipo de animación á lectura percorre vilas e cidades, escolas e bibliotecas de toda a xeografía, levando na súa maleta a maxia, a fantasía e a ilusión dos 'Libros para Soñar'
Ano fundación: 1998
Cargos directivos:
Director: Xosé Ballesteros
Liña editorial:
Literatura infantil e xuvenil
Coleccións:
Premio Compostela. Leo Lionni. Do berce á lúa. Os contos do trasno. Demademora. Maremar. Tras os montes. Sete leguas. Óperas. Sondeconto. Minilibros. Fóra de colección
Títulos do catálogo: 131 títulos.
Prefixos do isbn: 8664
9512
9235
Linguas nas que edita: Galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano
Distribuidores: Kalandraka (España, Portugal, México, Italia), Made (Cataluña), Likarlán (Euskadi, Navarra, La Rioja), Unicornio (Canarias), Gaia Libros (Alicante, Murcia), Gea Llibres (Castellón, Valencia), Centro Andaluz del Libro (Andalucía Oriental), Rodríguez Santos (Andalucía Occidental, Extremadura), Élite (Baleares), Ícaro (Aragón), Lectorum (Estados Unidos), Aparicio (Porto Rico), Monserrate (Colombia), Liberalia (Chile), Iamiqué (Arxentina), Libros para Soñar (México), Pujol&Amadó (resto de América), Bertrand (Portugal), Consorzio Distributori (Italia), Celesa (Europa), Doukeisha / Interspain / Italia Shobo (Xapón)
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.