Asociación Galega de Editores

Logotipo Hércules Edicións

 

Cordelería, 32, Edificio Hércules

15003 A Coruña

Tel.: 981 22 05 85

Fax: 981 22 07 17

http://www.herculesediciones.es/

info@herculesediciones.es


Novidades editoriais

Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones nace en 1985 como un esforzo persoal do actual Presidente do Consello de Administración da Sociedade, Francisco Rodríguez Iglesias, que pretende impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. Para iso reúne solidamente arredor de sí a un grupo de galegos ilusionados, procedentes do sector do libro, que se propoñen, a través desta empresa, dotar a Galicia dunha obra de carácter temático que profundizará naquelas cuestións que definen a nosa Comunidade como un país singular.

Baixo a dirección do editor, o traballo de persoas como Manuel Gándara Armada desde o seu posto de xerente, Mar Pérez Negreira como responsable de edición ou Xosé Manuel Fernández Cadahía como responsable de Administración, permitiron converter a Hércules de Edicións na primeira empresa do sector en Galicia polo seu volume de ventas e facturación; ventas que non só se circunscriben a Galicia –delegación dirixida por Francisco Rodríguez Rodríguez–, senon que se estenden por outras zonas de España, como Asturias, con Nicolás Salvador Egido á fronte, e Andalucía, delegación á que se incorporou Domingo Medrano Marcos.

Obra singular e definitiva desta editorial é, sen dúbida, o Proxecto Galicia; arredor del reúnense os máis importantes intelectuais desta terra (entre eles, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández, D. Fernando González Laxe, D. Xosé Manuel González Reboredo, D. Darío Villanueva Prieto, , D. Xulio Correa Corredoira, D. Xosé Manuel González Reboredo, D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, D. Siro López Lorenzo e, ata o momento do seu pasamento –1996, 2003 e 2011, respectivamente–, D. Xosé Filgueira Valverde , D. Domingo García-Sabell e D. Francisco Javier Río Barja) e, con máis de 59 tomos editados e as dez series a piques de rematar, constitúe un empeño editorial sen precedentes en Galicia.

A carón do Proxecto, Hércules vén de editar coleccións tan significativas como Sempre no Camiño, Titor Hércules (Programa de Educación Integral), Galicia para soñar, Iter Stellarum (A Gran Obra dos Camiños de Santiago), ou Grandes Autores Galegos, así como unha serie sobre cidades iniciadas con Santiago de Compostela – baixo o lema "Para conocerte y no olvidarte", ademais de numerosas obras de carácter lúdico e profesional.

Hércules recibiu numerosos premios pola súa actividade empresarial, entre os que destacan a Carta Magna (1987), Premio Halcón de Ouro (1988), Premio Empresa de Ouro (1989) e o galardón Victoria (1990), e especialmente, a Medalla Castelao, recibida polo Proxecto Galicia no ano 2007.

Hércules desenvolve as súas actividades dende a nova sede, un edificio situado no Paseo Marítimo coruñés que pretende ser referente da cultura galega e promover actividades diversas para promocionar a novos artistas e intelectuais.

 

 

Ano fundación: 1985

Cargos directivos:

Presidente: Francisco Rodríguez Iglesia

Director xerente: Manuel Gándara Armada

Director de Administración: José Manuel Fernández Cadahía

Directora editorial: M.ª Del Mar Pérez Negreira

Liña editorial: Humanidades e ciencias sociais. Libros de referencia. Enciclopedias e dicionarios, material didáctico. Libros de xogos infantís. Literatura. Literatura infantil e xuvenil. Paisaxe e turismo

Coleccións:

Proxecto Galicia:  Historia, Arte, Xeografía/ Cartografía, Antropoloxía, Literatura, Natureza, Ecoloxía, Leis, Heráldica, Xenealoxía e nobreza en Galicia, Economía

Titor Hércules: Do berce á Universidade

Galicia para soñar

A grande obra dos camiños de Santiago

Monográficos.

Para conocerte y no olvidarte

Esencias de los caminos de Santiago

Monasterios e Conventos da Península Ibérica

Títulos do catálogo: 207

Prefixos do isbn:  (978-84-87244), (978-84-89468), (978-84-96314), (978-84-92715)

Linguas nas que edita: Galego, Castelán, Portugués e Inglés

Distribuidores: 

Hércules de Ediciones

Cordelería, 32-Edificio Hércules 15003, A Coruña

Teléfono: (+34)981220585

Fax: (+34)981220717

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?