Asociación Galega de Editores

Logotipo Galinova Editorial

 

Rafael Bárez Vázquez, 8, Urbanización Soto
15009 A Coruña

Tel.: 981 139 057

Fax: 981 175 364

http://www.galinovaeditorial.com

galinova@galinovaeditorial.com

 


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Galinova Editorial

GaliNova Editorial

GaliNova é unha editorial con doce anos de existencia. Nace para ocupar un espazo baleiro no eido do ensino galego, e ausente, polo tanto, no noso mercado.

E así especialízase no campo das publicacións galegas: o da temática musical, especialmente enxebre ou autóctona, pouco traballada no noso país. Así abrangue esta especialidade nosa, desde a Educación infantil musical, ata os dous anos de bacharelato, coa metodoloxía, teórica e práctica, máis avanzada e actual. Desde a música clásica -a que tocan e coñecen os nosos alumnos nas súas vivencias diarias-, ata a moderna.

Tamén esta editorial tivo especial preocupación en estar ao día en todo o relacionado coa nosa lingua e procura actualizarse na publicación das actuais normas de ortografía, recollidas na primeira Ortografía da Lingua Galega e no primeiro Dicionario de Ortografía da Lingua Galega, manuais útiles para calquera persoa que se enfronte co labor de escribir na nosa lingua.

De recente publicación é o Glosario etimolóxico de termos anatómicos co que desexamos facer constar a satisfacción que nos produce o feito de contribuirmos con esta obra á normalización e divulgación da nosa lingua no mundo dos profesionais e dos estudantes de Medicina.

Esta editorial, GaliNova, leva xa editados cerca de trescentos volumes non só nas especialidades citadas, senón con outros textos complementarios para un mellor ensino no noso país.

 

Ano fundación: 1990

Liña editorial:
Libros para o ensino

Linguas nas que edita: Galego e castelán

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?