Asociación Galega de Editores

Logotipo Faktoría K de Libros

 

Urzaiz, 125, baixo
36205 Vigo

Tel.: 986 127 334

Fax: 986 100 280

http://www.faktoriakdelibros.com/

faktoria@faktoriakdelibros.com


Novidades editoriais

Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Faktoría K de libros

Imaxe Editorial Faktoría K de Libros

 

FAKTORÍA K DE LIBROS é un proxecto editorial que aborda terreos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces, pensando no público infantil e xuvenil, mais tamén nos adultos ávidos de novas experiencias creativas. Destaca o coidado de cada edición ao longo de todo o proceso de produción do libro, dende a creación do texto e das ilustracións ata a impresión, pasando pola tradución e deseño das páxinas.

FAKTORÍA K explora as expresións culturais doutros países e espazos lingüísticos para achegalas ao noso contorno, e crea libros convertidos en ferramentas que axuden a entender o mundo dende a liberdade, a tolerancia e o compromiso. Ese diálogo permanente e dinámico co mundo que nos rodea toma forma nesta fábrica de ideas para crear libros fermosos que viaxen pola senda do tempo ata lugares próximos ou recónditos.

O catálogo de FAKTORÍA K inclúe tanto libros de produción propia como títulos procedentes doutras linguas, coa aspiración de actuar como ponte entre culturas, con obras que nos permitan exercer a capacidade de emocionarnos

 

 

Ano fundación: 2005

Cargos directivos:
Coordinador editorial: Xosé Manuel González

Liña editorial:
Literatura infantil e xuvenil: álbum ilustrado, coñecemento do medio, banda deseñada... Libros para adultos: narrativa, poesía, humanidades, arte, fotografía...

Coleccións:
Arte. Fotografía. Infantil. Ciencia. Cómic. Textos Infames (álbum ilustrado). Narrativa. Trece Lúas (poesía). Cadernos de Viaxe.

Títulos do catálogo: 

Prefixos do isbn: 934641, 935122, 96957, 934713, 935804

Linguas nas que edita: Galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués

Distribuidores: Kalandraka (España, Portugal, México, Italia), Made (Cataluña), Likarlán (Euskadi, Navarra, A Rioxa), Unicornio (As Illas Canarias), Gaia Libros (Alacante, Murcia), Gea Llibres (Castellón, Valencia), Centro Andaluz del Libro (Andalucía Oriental), Rodríguez Santos (Andalucía Occidental, Extremadura), Élite (As Illas Baleares), Ícaro (Aragón), Lectorum (Estados Unidos), Aparicio (Porto Rico), Monserrate (Colombia), Liberalia (Chile), Iamiqué (Arxentina), Libros para Soñar (México), Pujol&Amadó (resto de América), Bertrand (Portugal), Consorzio Distributori (Italia), Celesa (Europa), Doukeisha / Interspain / Italia Shobo (Xapón).

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?