Asociación Galega de Editores

Logotipo Everest Galicia

 

Avenida de Arteixo, 15-Baixo
15004 A Coruña

Tel.: 981 142 939 / 981 264 600

Fax: 981 143 190

http://www.everestgalicia.com

ipenas@galicia.everest.es

Editorial Everest Galicia

Editorial Everest Galicia

Everest Galicia é a empresa galega do Grupo de Comunicación Everest. Nace no ano 1996 e ten a súa sede na Coruña. A súa liña editorial é totalmente independente e baséase nunha clara vocación de apoiar e fomentar a cultura galega en todas as súas manifestacións. O galego é a lingua utilizada como vehículo de expresión e hoxe conta xa no seu catálogo con máis de 200 títulos distribuídos en distintas coleccións de literatura infantil e xuvenil, material educativo, gastronomía e turismo.

Everest Galicia non é un nome baleiro de significado, supón a aceptación dos criterios de calidade que singularizan cada unha das publicacións do Grupo de Comunicación Everest, e a galeguidade dunha empresa e duns profesionais que teñen como obxectivo último apoiar o desenvolvemento do proceso de normalización da lingua galega e favorecer o coñecemento da nosa cultura dentro e fóra da nosa comunidade.

Os libros que forman parte das nosas coleccións de literatura infantil e xuvenil falan en por si da importancia de educar as emocións para conseguir unha auténtica educación en valores e demostran que a Literatura Galega pode ser universal sen ter que renunciar á súa propia identidade.

Un bosque cheo de faias, Bolboretas, O cabo da Serpe, Tres risas e unha voda, O país de amarnos..., entre outros moitos títulos de narrativa, poesía e teatro, son unha boa mostra da calidade literaria e humana que impregna as obras do noso catálogo.

Esperamos que a nosa proposta de lectura vos resulte interesante e que atopedes nela as razóns que xustifican o lema da nosa campaña de animación á lectura: Ler é vivir.

 

Ano fundación: 1996

Cargos directivos:
Director Xeral: José Antonio López Martínez
Directora de Publicacións: Irene Penas Murias

Liña editorial:
Literatura Infantil e Xuvenil. Material educativo. Gastronomía. Turismo

Coleccións:
Ler é Vivir. Punto de Encontro. Rañaceos. O Neno, A Nena e o Bau. Xirasol. Libros Licencia

Títulos do catálogo: 289 (ata decembro de 2007)

Prefixos do isbn: 84-403

Linguas nas que edita: Galego

Distribuidores: Everest de Ediciones y Distribución, S. L. (Teléfono: 987 844 200)

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?