Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións Xerais de Galicia

Doutor Marañón, 12  baixo

36211 Vigo
Tel.: 986 214 888/ 986 214 880

Fax: 986 201 366
http://www.xerais.es
xerais@xerais.es

Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia S.A. é unha editorial de carácter xeneralista, fundada en 1979 dedicada á edición de libros en lingua galega. A súa misión fundacional foi non deixar baleiro campo ningún da comunicación impresa necesaria para Galicia. Forma parte, dende a súa fundación, de Grupo Anaya, ten a súa sede na cidade de Vigo, desenvolvendo a súa actividade promocional ao longo de todo o territorio de Galicia.

A 31 de decembro de 2007 o seu catálogo histórico acada os 2.685 títulos, dos que 1.648 forman parte do seu catálogo vivo. A maior parte dos títulos editados fórono en lingua galega, aínda que tamén publicou algúns en castelán, portugués e inglés. Edita, fundamentalmente, en soporte papel, aínda que dende 1997 iniciou a edición de CD-ROM, DVD e Discos Compactos, baixo o selo Xerais Media.

Dende a súa fundación vendeu case dez millóns e medio de exemplares. Segundo os datos do ISBN, Xerais sitúase ininterrompidamente nos últimos vinte anos á cabeza da produción editorial en lingua galega por número de títulos e dentro das cincuenta primeiras empresas editoriais de España.

Empresa de vontade educativa, dende 1980 está especializada na edición de libros de texto en lingua galega (22% dos títulos do catálogo). No ámbito da edición xeral posúe un extenso catálogo literario (45%), que aborda todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, xornalismo, clásicos da literatura galega, literatura infantil e xuvenil...), lexicográfico (dicionarios e vocabularios), universitario, libros de gran formato e de ocio (guías de viaxe, guías de natureza...). Anualmente publica unha axenda e, dende o ano 1984, convoca o premio Xerais de Novela, dende 1986 o premio Merlín de literatura infantil e dende 2006 o premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

 

Ano fundación: 1979

Cargos directivos:
Director Xeral, Manuel Bragado Rodríguez; Director de Edición, Xosé Manuel García Crego; Directora de Promoción e Prensa, Celia Torres Bouzas; Subdirector de Edición Xeral, Francisco Alonso Villaverde.

Liña editorial:
Narrativa. Poesía. Ensaio. Guías de Viaxe. Gastronomía. Literatura Infantil e Xuvenil. Dicionarios. Didáctica. Libros de Texto. Gastronomía. Guías de viaxe. Libros de fotografía. Axendas.

Coleccións:
-Literarias: Xerais Narrativa. As Literatas. Xerais Abismos. Xerais Clásicos. Biblioteca das Letras Galegas. Xerais Poesía. Crónica. Biblioteca Dramática Galega. Xerais Ensaio.

-Infantís e Xuvenís: Merlín. Pequeño Merlín. Merliño. Paseniño. Cabalo. Buligán. Lendas de Galicia. Fóra de Xogo. Xabarín. Xabarín de Ouro. Xerais Xuvenil. Cómics. Sopa de Libros. Sopa de Contos.

-Referencia: Universitaria. Letras Galegas. Manuais. Fotobiografías. Álbums de postais.

-Ocio: Montes e Fontes. Xerais Roteiros. Xerais Guías. Xerais Gastronomía. Xerais Guías da Natureza. Xerais Monografías.

-Outras Coleccións: Dicionarios. Didáctica. Xerais Materias. Axendas. Xerais Media.

-Libros de Texto: Educación Infantil (Métodos globalizados 0-5 anos). Educación Primaria (Lingua Galega). Educación Secundaria Obrigatoria (Lingua e Literatura Galegas, Lengua Castellana y Literatura, Matemáticas, Ciencias Medioambientais, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, Música, Ética). Bacharelato (Lingua e Literatura Galegas, Filosofía e Cidadanía, Ética e Filosofía do Dereito, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Historia do Mundo Contemporáneo, Historia da Arte). Ciclos Formativos (FOL)

Títulos do catálogo: 1.648 (ata decembro de 2007)

Prefixos do isbn: 84-7507
84-8302
84-9782 (Actual)

Linguas nas que edita: Castelán e galego.

Distribuidores: Comercial Grupo Anaya:
Polígono de Pocomaco
Avenida, 3 Edificio Diana
15009 A Coruña
Teléfono: +34 981 171 641
Fax: +34 981 17 16 47

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?