
Julián Valverde, 36
36393 Sabarís - Baiona (Pontevedra)
Tel.: 686 484 812 / 986 296 049
Fax: 986 297 697
Edicións Nigra Trea pública “Bartolomé Rajoy y Losada, arzobispo y señor de Compostela” de Isidro DubertNigra Trea edicións publica a obra de Isidro Dubert e do ilustrador Jaime Asensi,"Bartolomé Rajoy y Losada, arzobispo y señor...
Nigra Trea publica “A Segunda República en Galicia. Memoria mito e historia”Do autor Emilio Grandío Seoane, este é un libro, pertencente a colección Porta de papel, que fala do réxime democrático...
Historia das mulleres en Galicia. Época contemporáneaEdicións Nigra Trea publica Historia das mulleres en Galicia. Epoca contemporánea, de Herminia Pernas Oroza. As súas páxinas...
A Editorial Nigratrea nace da fusión de dúas editoriais, unha galega, NIGRA, radicada en Vigo, e outra asturiana, TREA, con enderezo en Xixón. Tratábase de aproveitar a experiencia de dúas empresas de parecida traxectoria e con intereses editoriais converxentes co propósito de tirar un maior rendemento editorial a iniciativas parellas, analizando conxuntamente factores de éxito ou fracaso en aquelas seccións e que optimizan conxuntamente os seus recursos humanos, financeiros e comerciais.
O troco de experiencias non supón a repetición mecánica de "planos editoriais" intercambiables posto que, obviamente, cada territorio ten a súa propia especificidade. De calquera maneira, a día de hoxe, a experiencia foi positiva e os resultados satisfatorios.
A produción editorial de Nigratrea, que se desenvolve en galego e castelán indistintamente, xira arredor de catro coleccións básicas: Libros da Brétema, Maior, Caritel e Andaina. Edítanse, por suposto, libros fóra destas coleccións, mais na medida do posible, tratamos de encaixar a produción editorial nunha das seccións citadas. Cada unha delas responde a propósitos específicos.
Brétema, por exemplo, acolle libros de caráter antropolóxico, histórico ou filolóxico e ten, no seu sentido máis profundo, o caráter de colección que trata de rescatar obras de importancia histórica na cultura galega, alternándoas con novas achegas que enriquezan o acervo cultural galego.
O carácter das coleccións Maior e Caritel está determinado pola súa vocación "patrimonial", é dicir, pola actualización de proxectos que teñan que ver coa pintura, escultura e arquitectura galegas, pazos, castelos, conventos, etc., mais tamén co que se chamou "bens intanxibles"–mar, paisaxe, natureza..., considerados igualmente bens patrimoniais.
Andaina, a máis popular das coleccións, está orientada a un público máis amplo, pero non por iso é menos esixente, e nela hai editados dende libros que poderiamos cualificar de "turísticos" a receitarios da cociña tradicional galega, pasando por incursións, breves pero científicas, na historiografía galega. Pola súa brevidade e concisión, é a máis dinámica das coleccións, a de máis espallamento e presenza no mercado.
Ano fundación: 1998
Cargos directivos:
Nieves Loperena de Saá; Administración, Asunción Muñiz Piniella
Liña editorial:
Patrimonio histórico e cultural. Arte. Historia. Antropoloxía e tradicións. Gastronomía. Guías e turismo. Natureza.
Coleccións:
Maior (gran formato). Caritel (gran formato). Libros da Brétema (formato medio). Colección Rosadante (formato medio). Retrato de Galicia (formato medio). Ediciones singulares (formato medio). Pedra da Serpe (formato medio). Porta de Papel (formato medio). Andaina (pequeno formato).
Títulos do catálogo: 100 (ata decembro de 2010)
Prefixos do isbn: 84–95364; 84-15078
Linguas nas que edita: Galego, castelán, portugués e inglés
Distribuidores: -Edicións Nigra Trea s.l.: Galicia. Telf: 686 48 48 12 / 986 29 60 49 Fax: 986 29 76 97
-Ediciones Trea S.L.: Asturias. Telf: 985 30 38 01 Fax: 985 30 37 12
-Breogán S.L. Distribuciones: Madrid. Telf: 917 25 90 72 Fax: 917 13 06 31
-Palma Distribuciones S. L.: Illas Baleares. Telf: 971 28 94 21 Fax: 971 45 61 88
-Besai Llibres S.L.: Cataluña. Telf: 934 42 54 46 Fax: 934 41 94 36
-Azeta libros y papelería S.L.: Andalucía. Telf: 902 15 41 86 Fax: 902 15 39 33
-Distribuciones Troquel S.L.: Illas Canarias. Telf: 928 62 17 79 Fax: 928 62 17 81
-Lidiza Distribuciones: Castela e León. Telf: 983 40 30 60 Fax: 983 40 30 70
-Comercial Gravi S. C. P.: Murcia e Alacante. Telf:968 88 66 34 Fax: 968 88 64 91
-Alfonso Gómez Distribuciones S. C F.: País Vasco. 944 33 48 88 Fax: 944 33 48 88
-Contratiempo Distribuciones S. C. F.: Aragón. Telf: 976 10 78 59 Fax: 976 10 79 34
-Gea Llibres S.L.: Valencia. Telf: 961 66 52 56/5 Fax: 961 66 52 49
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.