Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións Lostrego

 

Apdo. 2093. 15780 Santiago de Compostela (A Coruña)

Tel.: 649 29 21 95 / 667 365 488

http://www.edicionslostrego.com

edicionslostrego@yahoo.com

 


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións Lóstrego

Edicións Lostrego

Edicións Lóstrego traballa de maneira prioritaria o sector do libro galego de divulgación en formato de peto. O seu principal obxectivo é abrir o idioma galego a temas da cultura universal para favorecer a verdadeira normalización lingüística.
Dirixe as súas obras a un público masivo, ao que pretende achegar temas de interese xeral e de actualidade, presentados nun formato práctico e económico.
Na colección "A Memoria de Galicia" tentamos dar resposta á pregunta formulada no seu primeiro volume: Para que serve a historia de Galicia?, mediante a publicación de ensaios divulgativos sobre a historia do noso país.
"O saber de peto" ofrece breves ensaios sobre todo tipo de temas, tanto de carácter xeral (o universo, a ecoloxía, a música clásica, a relixión, etc.) como referidos ao ámbito galego (a prehistoria, os romanos ou os xudeus de Galicia).
Coa colección "Ex Cáthedra" Edicións Lóstrego abre a súa liña editorial ao ensaio científico especializado de carácter histórico, con traballos de investigación de diversa índole.
Por último, en "12 grandes" introducímonos no xénero biográfico. E, a partir da selección de doce personaxes relevantes, propoñemos o achegamento a diferentes temáticas como a filosofía, a ciencia, a arte, etc.

 

Ano fundación: 2000

Liña editorial:
Divulgación de peto. Biografía. Ensaio científico.

Coleccións:
A Memoria de Galicia. O saber de peto. 12 grandes. Ex cáthedra

Títulos do catálogo: 45

Prefixos do isbn: 978-84-931301, 978-84-936613, 978-84-935696, 978-84-932169, 978-84-934240, 978-84-933244

Linguas nas que edita: Galego e castelán

Distribuidores: Consorcio Editorial Galego (Galicia), 986 40 50 51

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?