Asociación Galega de Editores


Edicións Lea, SL
Rúa Laverde Ruíz, 6, baixo,
15210, Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 570 689 / 981 552 360- Fax: 981 560 867
Páxina  web:http://www.galiciamedia.com/
Correo electrónico: edicionslea@galiciamedia.com

Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións Lea

Edicións Lea naceu no ano 1991 coa intención de cubrir algúns baleiros que naquela altura presentaba o emerxente sector editorial en lingua galega. Así, desde os primeiros momentos, a editorial converteu a especialización temática nun dos seus principais sinais de identidade e nunha garantía de continuidade no tempo.

Neste contexto, varios son os eidos nos que Lea leva aplicado un rigoroso traballo de selección de contidos e autores tanto no referente á súa calidade como, sobre todo, á achega ás distintas áreas temáticas. Todo isto sen esquecer a implicación deste labor na normalización do galego, ao contribuír a dotar a nosa lingua de proxección divulgativa e científica, parámetros fundamentais para calquera idioma.

O xornalismo e a comunicación son un dos piares deste proxecto editorial que botou a andar nun momento no que tamén daba os seus primeiros pasos a Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago.

Tamén o deporte é unha temática de especial relevancia no noso catálogo, con toda unha serie de materiais que abranguen desde aspectos técnicos e tácticos ata vocabularios, pasando por manuais de iniciación, etc.

Por outra parte, Lea tamén é pioneira na publicación de contidos relacionados co mar desde as súas máis diversas ópticas: naufraxios, actividades subacuáticas, historia...

As áreas citadas son só algúns exemplos dun amplo abano de temas aos que habería que engadir unha lista maior que inclúe cadernos didácticos, manuais de psicopedagoxía, banda deseñada e un longo etcétera que non exclúe a creación literaria tanto para adultos como para un público infanto-xuvenil.

 

 

Ano fundación: 1991

Cargos directivos: Juan Carlos Rodríguez Sánchez (director xerente)

Liña editorial:

Coleccións: Comunicación, Textos Media, Biblioteca Básica do Deporte, Narrativa, Banda Deseñada,

Títulos do catálogo: ver catálogo en liña (www.edicionslea.com)

Linguas nas que edita: galego (95%) castelán (5%)

Distribuidores: M. Alonso Libros (Galicia), Latorre Literaria (Resto territorio español)

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?