Asociación Galega de Editores

Logotipo Espiral Maior

 

Rúa da Democracia, 10, Urbanización

Mansosol, 15174, Rutis, Culleredo (A Coruña)

Tel.: 881 96 25 27

Fax: 881 96 25 24

edicions@espiralmaior.com

 


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións Espiral Maior

Edicións Espiral Maior

Edicións Espiral Maior é unha empresa que desde o seu nacemento apostou pola creación literaria, ao levar a cabo nunha primeira fase unha especialización centrada no xénero poético. Na actualidade, a colección Poesía, con máis de 150 títulos editados, tense convertido na máis importante e dinámica realidade editorial no eido da poesía existente en Galicia e nunha das máis recoñecidas do Estado español. No segmento das "grandes obras", dentro do mesmo xénero (colección Opera Omnia), viron a luz as obras poéticas completas de Manuel María e de Antón Avilés de Taramancos, así como a grande antoloxía Poetas galegos do século XX.

No proxecto expansivo de Edicións Espiral Maior, concibido como unha contribución particular ao proceso de normalización lingüística e cultural de Galicia, teñen cabida igualmente amplas coleccións de narrativa, ensaio e teatro; abre así un círculo que ten por obxecto ofrecer un panorama sumamente atractivo e plural das letras galegas contemporáneas. Con máis de 200 autores en catálogo e máis de 300 títulos vixentes no mercado, Edicións Espiral Maior convoca con carácter anual un premio de poesía (13 convocatorias realizadas, 1992-2004) que se ten convertido nun dos máis prestixiosos dos que se convocan actualmente en Galicia e ten posibilitado a aparición e a celebración de importantes nomes da hora poética de hoxe. No ano 1995 a Federación de Libreiros de Galicia recoñeceu a Edicións Espiral Maior co premio Irmandade do Libro -Mellor editorial galega- e no ano 2002 a mesma entidade recoñecía a Obra poética completa (Tomos I e II) de Manuel María co premio Irmandade do Libro ao Libro mellor editado, esta obra tamén foi agasallada co Premio da Crítica de Galicia e co Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 

Ano fundación: 1991

Cargos directivos:
Director xeral: Miguel Anxo Fernán Vello
Directora de edicións: Amparo Manteiga

Liña editorial:
Poesía. Ensaio. Narrativa. Teatro. Historia e Patrimonio. Artes Plásticas.

Títulos do catálogo: 305

Prefixos do isbn:  84-89814, 84-95625, 84-88137

Linguas nas que edita: Galego

Distribuidores: Distribucións Arnoia S. A.
Teléfono: +34 986 67 90 07
Fax: +34 986 70 88 90

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?