Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións Embora

 

R./ Galiano 63, 1º
15402 Ferrol

Tel.: 981 355 353

Fax: 981 351 899

http://www.edicionsembora.es/

ferrol@edicionsembora.es

 


Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións Embora

Edicións Embora

Edicións Embora naceu en 1993 coa vocación primeira de recoller a ampla tradición de estudos locais ferroláns. Durante a etapa inicial editou fundamentalmente libros sobre a cidade, a súa historia, os seus costumes e tradicións, así como os seus personaxes, á vez que procedeu á reedición de obras literarias que co paso do tempo desapareceran dos andeis das librarías. Nunha etapa posterior Edicións Embora ampliou o seu catálogo, tanto en número de libros como no das súas liñas editoriais, entrando no campo da creación literaria.

Na atualidade, Edicións Embora ten vivas cinco coleccións de creación literaria en lingua galega: narrativa, teatro, "Tren das cores" (teatro infantil), "Fardel dos soños" (álbum infantil ilustrado) e "O globo" (clásicos da literatura universal, ilustrados por artistas contemporaneos); unha colección, a máis antiga, na que se recolle a temática ferrolá (Biblioteca de Ferrolterra); unha universitaria, "Punto de investigación", unha colección de facsímiles, "Faber lucis"; unha colección de libros de cociña, "Fornelo", e a colección "Fuco Buxán", na que se publican obras de carácter social, memorialístico e histórico.

 

Ano fundación: 1993

Cargos directivos:
Director xerente: Francisco Rodríguez López; Director editorial: Miguel Toval; Editores executivos: Carmela Mor Fontenla, Anxo Franco

Liña editorial:
Literatura. Historia e Ciencias Sociais. Facsímiles

Coleccións:
Narrativa. Teatro. Tren das Cores. Fardel de Soños. Biblioteca de Ferrolterra. Fuco Buxán

Títulos do catálogo: 85 (ata decembro de 2007)

Prefixos do isbn: 84-95460

Linguas nas que edita: Castelán e galego.

Distribuidores: Consorcio Editorial Galego
Estrada da Estación, 70 A - A Portela
36885 Redondela
Teléfono: 986 40 50 51
Fax: 986 40 49 35
Correo e.: pedimentos@coegal.com

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?