Asociación Galega de Editores

Logotipo Edicións do Cumio

 

 

Pol. ind. A Reigosa, parcela 19

36827 Ponte Caldelas, Pontevedra

Tel.: 986 761 045

Fax: 986 761 022

Páxina web: www:cumio.com

Correo electrónico: cumio@cumio.com

 

 

  • Páxina de Facebook

Novidades editoriais

Subscríbete aos nosos boletíns

mediateca

liber

Cómo publicar un libro?

 

Banner plataforma

Edicións do Cumio

Edicións Do Cumio

Fundada a finais da década dos anos oitenta, esta empresa editorial mantén unha concepción aberta nas súas liñas de publicación; ademais do libro con criterio xeral, Edicións do Cumio produce xogo didáctico en cartón, cartografía, audiolibros, cd rom, discos e dvd de música e diferentes proxectos multimedia. Na edición do libro prima a súa vocación de editora xeralista que atende ás diferentes necesidades do mercado, dende os materiais complementarios do proceso educativo, ata as guías e mapas de tipo turístico e cultural (en seis idiomas diferentes), da literatura ao ensaio... cunha marcada tendencia a sermos coadxuvantes no proceso de normalización lingüístico e cultural de Galicia, entendida como entidade propia e diferenciada de calquera outra das do mundo. Vontade que non nos afasta da edición de obras para outros mercados, nomeadamente para aqueles de expresión portuguesa e española.

 

Ano fundación: 1988

Cargos directivos:

Director xeral: Francisco Villegas

Responsable multimedia: Cándido Meixide

Responsable de produción: Ramón Pais

Maquetación: Natalia Susavila e Rosa Escalante

Liña editorial: Diccionarios, Manuais para a aprendizaxe da Lingua, Etnografía, Biografías, Literatura Infantil, Xuvenil e Adultos. Guías de Turismo. Mapas e planos. Mapas mudos. Multimedia. Música. Fotografía.  

Coleccións: Dicionarios. Ensino. Criterio. Escolmas. Ensaio. Documenta. Textos. Mitos e Tradicións. Biografías Históricas. A Cociña. Contamoconto. Contos marabillosos. A Curuxa. Gaivota. Narrativa. Cómplice. Multimedia. Guías. Naturguías. Fotografía. Cartografía. Música.

Títulos do catálogo: 405 (novembro 2011)

Prefixos do isbn: 84-8289

Linguas nas que edita: Galego, castelán, catalán, inglés, francés, alemán, asturianu e portugués.

Distribuidores:  Arnoia Distribución de Libros:  Telf: 986 761 020 Fax: 986 761 026


 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?