Para buscar un editor ou editora a vía máis rápida é localizar, segundo o tipo de obra orixinal, as editoriais que estean especializadas no xénero. Na rede poderá atopar recursos web das editoriais con información sobre esa especialización. Na web da AGE, a sección Editoriais, permite acceder á información sobre as liñas editoriais das empresas asociadas. O seguinte paso é contactar coa editora e remitirlle un resumo ou recensión da obra, se se trata dun libro de investigación ou técnico; ou remitirlle o libro se a obra é unha novela, un poemario ou un relato para rapaces.
Os premios son outra opción para darse a coñecer. Numerosas editoriais e organismos convocan anualmente premios literarios. A AGE conta cun apartado dedicado a Premios que pode visualizar no menú na sección Lectura.
Antes de divulgar unha obra é aconsellable rexistrala no Rexistro da Propiedade Intelectual.