
Sempre en Galiza 4
15706 Santiago de Compostela
Tel + Fax: 981 522 137
Mb: 609 908 852
A guía detense nalgúns dos mellores pans do país (Ousá, Mondoñedo, Martiñán...), en queixos de tres denominacións de orixe...
Alvarellos editora publica “Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense” de Martín ÁlvarezDentro da colección A lume lento atópase esta nova obra editada por Alvarellos que narra unha viaxe inédita pola gastronomía...
Alvarellos Editora iniciou a súa andaina en Lugo no mes de maio de 1977. Galicia vivía daquela un segundo Rexurdimento das súas Letras e nese intre o polifacético Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña, 1931-Lugo, 2004) decidiu poñer en marcha a súa nova empresa cultural.
Alvarellos Editora deulle a oportunidade de publicar a moitos escritores noveis que logo, durante os anos oitenta, se foron consagrando no panorama cultural do noso país, e tamén a plumas veteranas. Manuel María, Xabier Alcalá, Antón Risco, Xosé Lois García ou Xabier Rodríguez Barrio foron algúns deles. Naqueles días, esta empresa chegou a facer un catálogo de máis de cen obras (narrativa, poesía, teatro, música, ensaio).
Nos anos noventa especializouse en edicións a todo luxo de facsímiles dos séculos XVIII e XIX, cruciais na historia de Galicia, como é o caso dos tomos galegos da España Sagrada, as obras completas en sete volumes do Cura de Fruime, Argos Divina ou a Arquitectura de Vitrubio.
Hoxe, Alvarellos Editora posúe un catálogo de máis de cincuenta títulos, e inicia en 2005 unha nova andaina baixo a dirección de Henrique Alvarellos Casas, fillo do fundador, xornalista e autor de varios libros.
Nesta nova época, a editorial principia varias coleccións literarias, entre elas, a denominada "Colección Rescate", unha serie de volumes onde se fusionan xornalismo e literatura e onde se recuperan textos esquecidos ou dispersos de plumas ilustres de Galicia. O primeiro deles, publicado en abril de 2005, é o libro Viaxes e xantares por Galicia, de Álvaro Cunqueiro, ao que seguiron os volumes dedicados a Vicente Risco, Paco del Riego, Leandro Carré ou, no outono de 2006, a Camilo José Cela coa antoloxía Retorno a Iria Flavia.
Alvarellos Editora celebrou en 2007 os seus trinta anos de existencia. Nos seus inicios exhibía como lema: "Loite connosco pola nosa cultura". Nesa defensa do país tenta seguir despois de todo este tempo.
Ano fundación: 1977
Cargos directivos:
Director: Henrique Alvarellos Casas
Liña editorial:
Clásicos contemporáneos de Galicia. Gastronomía. Facsímiles. Ensaio e Creación
Coleccións:
Rescate. A lume lento. Facsímiles. En clave de Fa. Oeste (de divulgación e ensaio). Libros do Sarela (creación)
Títulos do catálogo: 90
Prefixos do isbn: 85311, 89323
Linguas nas que edita: galego e castelán
Distribuidores: Galicia: Consorcio Editorial Galego (Tel: 986 405 051)
Andalucía e Extremadura: Emaús (Tel: 952 613 739)
Madrid e Castela-A Mancha: Egartorre S.L. (Tel: 91 872 93 90)
Canarias: Unicornio (Tel: 922 625 316)
Cataluña e Baleares: Promardiex (Tel: 93 797 24 90)
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.