Asociación Galega de Editores

Como asociarse

O artigo 5 dos estatutos da Asociación Galega de Editores recolle no seu primeiro parágrafo que poderán formar parte da Asociación:

  1. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que teñan o seu enderezo social en Galicia, a súa actividade principal sexa a edición de libros en galego e como mínimo un fondo vivo de dez títulos en galego difundidos a través das canles habituais de distribución de libros e publiquen bianualmente un mínimo de dez novidades en galego.
  2. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que non teñen o enderezo social en Galicia, e teñen polo menos o 50% do seu fondo editado en lingua galega, e que a súa actividade principal sexa a edición de libros, que teñan como mínimo un fondo vivo de dez títulos en galego difundidos a través das canles habituais de distribución de libros e publiquen anualmente un mínimo de dez novidades en galego.
  3. Editores, persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, que teñan como mínimo un fondo vivo de dez títulos en galego difundidos a través das canles habituais de distribución de libros, pero que a súa actividade principal non sexa a edición de libros; no caso dos editores de fóra de Galicia que o número de novidades editadas en galego anualmente sexa inferior a dez títulos ou que non teñan o 50% do seu fondo en galego, e no caso dos editores con enderezo social en Galicia que o número de novidades editadas en galego cada dous anos sexa inferior a dez títulos. Estes formarán parte da Asociación como membros editores adheridos, con voz e sen voto, pero cun representante na Xunta Directiva.
  4. Cando a actividade editorial dalgún dos membros pase de prioritaria a secundaria ou viceversa, e cando no caso dos editores de fóra de Galicia se superen ou non se publiquen anualmente as dez novidades en galego ou cando o número de títulos publicados en lingua galega varíe substancialmente respecto do 50 %, e no caso dos editores con enderezo social en Galicia cando se superen ou non se publiquen en galego cada dous anos as dez novidades en galego, a categoría dun membro poderá cambiar de asociado a adherido ou viceversa. Este cambio realizarase a proposta da Xunta Directiva e coa aprobación da Asemblea e implicará a revisión automática da nova cota a pagar polo membro afectado polo cambio.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?