Asociación Galega de Editores

AGE

A finalidade da Asociación Galega de Editores é a defensa, promoción e difusión da edición de libros en lingua galega, e a representación, xestión e defensa dos intereses comúns dos seus asociados. Entre os obxectivos corporativos prioritarios destacan:

  • Recoñecemento e concreción de sector estratéxico por parte das Consellerías de Cultura e Industria.
  • Profesionalización gremial: estratexias de cooperación intersectorial, novas vías de financiamento, formación, estratexias de comunicación, etc.
  • Incremento da dotación pública de libro galego na Rede Bibliotecaria Pública Galega.
  • Concreción da débeda histórica das administracións co libro galego.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?