Domingo, 30 Xaneiro 2011
As novas tecnoloxías 2.0 (blogosfera, Wikipedia, Facebook, Twitter, buscadores sociais, etc.) non nos fan por si mesmas ni máis intelixentes nin máis estúpidos, pero o seu uso indebido pode facernos máis iñorantes . A esta conclusión chegan tres títulos lidos recentemente por Javier Celaya.
Asegura Celaya que os tres libros aportarán aos lectores unha mirada crítica sobre impacto que está tendo a Internet e as novas tecnoloxías sociais na maneira na que accedemos á información e xestionamos o coñecemento . "Penso que é moi necesario", asegura o experto, incorporar un pensamiento máis crítico no debate sobre a incorporación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos das nosas vidas (personal, educativo y profesional) xa que estamos en pleno proceso de definición da sociedade dixital do século XXI.
Artigo de DosDoce
Mércores, 26 Xaneiro 2011
Galicia, territorio mimado con proxectos por un valor de 30 millóns de euros durante ls 21 meses de mandato do coruñés César Antonio Molina á fronte de Cultura, caiu nos orzamentos deste ano ao quinto posto pola cola nos investimentos por por comunidades autónomas, no departamento que aagora dirixe Angeles González-Sinde.
Segundo o documento definitivo dos Orzamentos Xerais do Estado, Galicia recibirá este ano unha partida de 1.245.000 euros do MCU , co que únicamente supera en gasto a catro autonomías: Melilla (cero euros), País Vasco (198.000),
Martes, 25 Xaneiro 2011
Galiza Cultura, a federación que reúne unha boa parte das asociacións culturais do país, celebrará o próximo domingo homenaxes simultáneas a Castelao en diversas vilas e cidades galegas. Con esta iniciativa, a federación celebrará o 125 aniversario do nacemento do intelectual, que se celebra este domingo 30 de xaneiro. "O que pretendemos non é só lembrar e celebrar a Castelao como valor histórico, senón traelo aos nosos días porque a súa dimensión política, ideolóxica e literaria segue vixente hoxe en día", sinala a colaboradora de Xornal Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura.
A organización deste evento conxunto está a traballar este día para pechar a programación de todos os actos. A federación estableceu unha hora de referencia para a súa celebración, que sería ás 13.00 horas. A intención é que en todos os lugares nos que se celebre o acto se manteña unha estrutura homoxénea. "O acto consistiría en colocar unha faixa coa faciana de Castelao en edificios emblemático. Despois, un persoeiro da cultura presentaría o acto no que un traballador dun sector lería diversos textos de Castelao", sinala Marcos Maceiras, da asociación cultural O Galo, un dos responsables da organización.
Luns, 24 Xaneiro 2011
Mariña Pérez Rei, escritora amiense establecida na cidade de Santiago de Compostela, está tamén moi vinculada por razóns profesionais e sentimentais á comarca do Barbanza. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, actualmente exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Entre a súa obra publicada destaca a poesía e a novela curta. Tamén colabora en xornais e revistas con artigos de opinión. No ano 2005 acada o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón polo libro Fanerógama e comeza a publicar a obra que levaba amasando con tempo: no 2006 obtén o Premio Manuel Lueiro Rei de novela por Canícula; no 2009 publica o libro de poesía artesanal en edición limitada: Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante, na editorial Bourel, no ano 2010 publica o libro de poesía Paquidermo na editorial Bubela co que ingresa na corrente filosófico- poética do sentimental-ISMO e nese mesmo ano obtén o premio de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos coa narración Costa necrópole. Escenarios para deslembrar. Editorial Toxosoutos
Xoves, 20 Xaneiro 2011
Cando un escritor ten que guiar a un detective de éxito non hai moita oportunidade para o descanso. Domingo Villar pasea estes días polos escenarios da súa próxima novela, que será a terceira entrega protagonizada por Leo Caldas e que terá a ría de Vigo como protagonista.
Martes, 18 Xaneiro 2011
O escritor Manuel Rivas mostrouse moi crítico coa Cidade da Cultura nunha entrevista concedida onte a Radio Nacional de España (RNE). Cuestionado por se xa estivera nas instalacións do Monte Gaiás, o autor de Todo é silencio respondeu que "non", e considerou que a súa presenza "non era importante". Malia todo, manifestou o seu "interese" en visitar o Gaiás, "e máis agora que di o Papa que non existe o Purgatorio, pois para min, e penso que para Galicia, a Cidade da Cultura ten unha condición de purgatorio.
Luns, 17 Xaneiro 2011
O Universo Digital terá lugar o 8 de febreiro en Madrid e o 17 do mesmo mes en Barcelona. Dos Doce, o recurso web de Javier Celaya, recolle datos da IDC, segundo os cales a información dixital con respecto ao 2009 medrou un 60%. Diante desa realidade, a empresa aposta pola incorporación das novas tecnoloxías e ferramentas e por crear entornos dixitais ligados cada vez máis á súa conta de resultados, a produtividade e o posicionamento de marca. 1000 miloóns de usuarios de internet móvil, 700 millones de usuarios de
Fonte: DosDoce
imaxe: Blog de Martha Ortega
Martes, 11 Xaneiro 2011
O ex deputado brasileiro Bonifacio da Andrada suxire a idea de que livrarias não são “meras casas comerciais”, e que “é preciso, por tanto, dar a livraria e ao ponto de vendas do livro um caráter público e social”, o ex-deputado Bonifácio de Andrada, do PSDB de Minas Gerais, apresentou em 17 de novembro o projeto de Lei nº 7913/2010 que “dispõe sobre a livre circulação e produções intelectuais”.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.