Mércores, 06 Abril 2011
O Centro Irlandés de Estudos Galegos organizou na University College Cork, e en colaboración co Instituto Ramón Llull e o Departamento de Estudos Hispánicos, o congreso de tradución literaria Invisible Borders: Rethinking Translation and Minority, os días 31 de marzo e 1 de abril
Durante as dúas xornadas que durou o congreso, os relatores, procedentes de diferentes países, ámbitos lingüísticos e medios profesionais, espuxeron as súas ideas arredor do feito da tradución e da súa importancia no desenvolvemento, proxección e visibilidade das linguas e culturas minorizadas. Temas como a importancia das novas tecnoloxías en Catalunya, a obra literaria e as traducións de Joseba Sarrionandia, o teatro e a poesía irlandesa foron protagonistas das análises dos diversos participantes, así como as solucións tomadas á hora de traducir determinadas obras literarias como Arthur & George de Julian Barnes, traducida do inglés por Xesús Fraga, ou Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe, que Isaac Xubín verteu directamente dende o éuscaro.
Mércores, 06 Abril 2011
A procura da súa propia identidade cultural e política, e a ferida de ser privada da lingua propia do seu país, animaron a escritora vasca Marisaun Landa, primeiro, a aprender éuscaro, no franquismo, cando as ikastolas aínda non eran legais, e despois a centrarse nun tipo de literatura, a infantil e xuvenil (LIX), ás veces minusvalorada. Hoxe, tanto en Euskadi como en Galiza, a LIX amosa síntomas de moi boa saúde. E Landa, unha das autoras en éuscaro máis coñecidas, -o seu nome é, como o de Bernardo Atxaga, sinónimo da actualidade das letras vascas-, participará hoxe no IV Encontro Cidade da Coruña, organizado pola AELG.
A escritora -que ten varios dos seus libros traducidos ó galego- fará un percorrido pola súa obra no relatorio Creación, Lingua e Identidade, nun acto presentado por Mercedes Queixas, no salón de actos da Real Academia Galega, ás 20:00 horas.
Mércores, 06 Abril 2011
"Son unha muller que non ten xénero", responde orgullosa a escritora Maruja Torres, quen acaba de debutar no xénero negro con Fácil de matar (Planeta), ambientada no Beirut, que tanto ama e odia. Diana Dial, protagonista e "alter ego" da autora, será o eixo central dunha serie de novelas onde reinará o mal.
"Vivimos nun mundo preñado de posibilidades para matar", alega a autora, quen asegura que aínda ten latente un "instinto investigador" que a fai emprender novelas, escribir historias e iniciar unha saga repleta de crimes.
Martes, 05 Abril 2011
"O meu respecto pola Real Academia Galega é tanto que teño clarísimo que non me necesita". De súpeto, Xabier P. DoCampo (Rábade, Lugo, 1946) ponse moi serio: "Cando teñan unha vacante, se queren, que me pregunten a miña opinión; poden estar seguros de que nunca direi o meu nome". E xa logo afrouxa o xesto: "Pensei máis veces en ser santo, se cadra porque hai máis prazas, que en ser académico. Iso é unha teima de Jaureguizar [escritor e xornalista] e algún máis. Están tan empeñados en propoñernos a min e a Agustín Fernández Paz que fixemos un acordo: que nos dean unha cadeira para os dous, pero que nola dean canto antes, que estamos engordando".
O escritor anda estes días de volta en Eiranova e Eiravella, as dúas facianas do seu particular Macondo, un duplo espazo literario construído cos retallos de Castro e Feira do Monte, os lugares onde pasou a súa infancia, e de vilas algo menos cativas como Vilalba e Pontedeume. Eiranova naceu en 1986 co debut de DoCampo na narrativa, O misterio das badaladas, convertida axiña no primeiro best-seller da literatura infantil e xuvenil galega. Eiravella tardou unha miga máis: apareceu en 2002 coa publicación d'A casa da luz.
Mércores, 30 Marzo 2011
"A situación do libro impreso non é a mellor". Esta afirmación, que pertence ao director de Xerais e presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Manuel Bragado, vese corroborada polos datos desprendidos por un informe sobre a produción editorial en España elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Afondando no que respecta a Galicia, descóbrese que, pese a ser a quinta comunidade autónoma con maior produción editorial -con 2.778 títulos en 2010-, esta cifra supón un descenso dun 12,6% respecto ao ano anterior. Ademais, o que é aínda máis grave, o estudo reflicte unha caída dun 21,6% na porcentaxe dos editados en lingua galega.
O presidente dos editores de Galicia considera que estas cifras deben levar a un proceso de reflexión. "Haberá que coñecer como afecta nos diferentes sectores da edición", sinala Bragado. Ademais, o director de Xerais engade que "dende hai tempo, o sector está preocupado polas modificacións que están a suceder".
Por "modificacións", Bragado refírese á introdución dos soportes dixitais como alternativa ao papel. "Imos vivir un proceso de transición entre soportes, seguro, pero tamén hai que facer unha salvidade moi importante con respecto ás cifras do informe do INE, e é que se limita aos títulos impresos, sen incluír os electrónicos".
Martes, 29 Marzo 2011
"Indignádevos!", berra Stéphane Hessel, un nonaxenario que particpou na resitencia francesa contra o nazismo e que acaba de converterse nun fenómeno editorial en Francia cun libriño de trinta páxina onde lle pide á xuventude que se rebele contra a "ditadura dos mercados". O libro foi traducido ao galego por Factoría K despois de vender en Francia case dous millóns de exemplares.
Hessel pasou onte por Madrid para presentar a edición en castelán e catalán realizada por Destino -tamén apareceu en éuscaro a través da editorial Cenlit- , acompañado por outro histórico da resistencia, José Luis Sampedro, quen avogou pola "liberdade de pensamento" como salvoconducto cara ao futuro.
Luns, 28 Marzo 2011
Hay un barco en miniatura en algún lugar del espléndido despacho que tiene Antoine Gallimard en la editorial que su abuelo Gaston fundó hace ahora un siglo.
Están, también, los libros de la Pléiade, la colección intachable de clásicos que esta editorial "que condiciona el juicio literario francés", como recoge Pierre Assouline en su monumental biografía del fundador.
Y está, claro, la atmósfera que el mismo Antoine, al frente de este transatlántico de la cultura europea, ha creado para seguir haciendo de Gallimard un faro editorial del siglo XX dispuesto a surcar una navegación dificilísima, la de los retos oceánicos del siglo XXI. Él está dispuesto, dice.
Es marinero; a veces, dice Gustavo Guerrero, responsable de la línea hispanoamericana -tan importante en Gallimard-, Antoine deja este despacho, que está al lado de su casa, donde le fotografió Daniel Mordzinski, y se va por esos mares, solitario, a leer, a recargar su manual de instrucciones para llevar adelante este barco.
Ante este marinero nos sentamos, en ese despacho sobrio desde cuyas paredes nos mira la Pléiade.
Luns, 28 Marzo 2011
Manuel Antonio (1900-1930) xa ten o seu propio museo en Rianxo. Abriuse onte no número 24 da Rúa de Abaixo, onde estivera a súa casa. O "insigne poeta nacional", o "poeta radical que morreu novo, como os escolleitos dos deuses", como o cualificou no acto de inauguración o presidente da Real Academia Galega (RAG), o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, adiantóuselles finalmente a Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As casas destes dous ilustres conveciños, que ían integrar xunto á do autor de De catro a catro o que Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo chamaban a Academia Literaria de Rianxo, seguen aínda na lista de espera.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.