Asociación Galega de Editores

Prensa escrita

A Semana da Poesía Salvaxe arranca hoxe en Ferrol para achegar os versos á cidadanía

Mércores, 27 Abril 2011

Ferrol celebrará a partir de hoxe a súa Semana da Poesía Salvaxe, un evento no que os poetas e os seus versos percorren as rúas, as prazas e os mercados da cidade nunha iniciativa que trata de levar a poesía a escenarios diferentes.A iniciativa, que xurdiu hai catro anos, afiánzase así no programa cultural da cidade baixo a organización do Concello e coa colaboración dos poetas Guillermo Fernández, Víctor M. Díez e Karlotty.

Ler máis


Freixanes: “A grande épica dos galegos sodes vós”

Mércores, 27 Abril 2011

Nova: Freixanes: “A grande épica dos galegos sodes vós”

"Cada día mais, as presentacións de libros parécense a actividades audiovisuais", adiantou na noite do 25 de abril na capital arxentina o escritor e editor Vítor F. Freixanes para abrir o primeiro acto co que a Editorial Galaxia participa da 37º edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires. E ningunha das case que 80 persoas que aquilo escoitaron saíron da sala Alfonsina Storni decepcionadas co comentario xa que, ao longo de media hora, viron xurdir e esvaecer historias, personaxes, emocións e sons d´O libro das Seniguais e do único Senigual.

Tratábase, sen dúbida, dunha idea arriscada: un volume raro e atípico, sobre todo no mercado editorial arxentino que vía a luz pública dun xeito tamén novidoso: unha lectura tecida coa proxección das imaxes do libro e cunha banda de música en vivo. E foi esta editorial galega quen sementou unha actividade de vangarda para unha mostra que, nesta edición 2011, fixo unha forte proposta polos soportes dixitais e polas tecnoloxías mais recentes. As propias autoridades da Feira do Libro recoñeceron no remate do acto a alta calidade da presenza galega.

Ler máis


* CULTURA As mulleres con estudos e menos de 65 anos están á cabeza do índice de lectura

Mércores, 27 Abril 2011

As mulleres con estudos, polo menos secundarios, e menores de 65 anos, lideran o índice de lectura en España, cun hábito "moi consolidado" a través de calquera soporte, xa sexa o do libro tradicional ou o dixital, a 9,4 puntos de distancia dos homes. Segundo se desprende do estudo Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2010, da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), o "lector tipo" en España responde ao perfil de "unha muller preparada, que está ao día" e que utiliza "frecuentemente" internet.

"As mulleres que non len ou que o fan esporadicamente aseguran maioritariamente que se debe á falta de tempo. Os homes non lectores sinalan que non len máis porque non lles gusta ou porque prefiren dedicar o seu tempo a outras actividades", explica.

Ler máis


La venta de libro digital superará al tradicional de papel en dos años

Mércores, 13 Abril 2011

La venta de libros en versión digital "probablemente supere en un par de años a los de formato en papel", pronosticó el director de programas de digitalización de la British Library, Aly Conteh.

El experto en digitalización de esa institución británica, que participó en un seminario de carácter internacional en Santiago de Compostela, señaló que atendiendo a la progresión de las ventas en formato electrónico y en papel de la multinacional Amazon, "en los próximos dos años puede haber ese gran cambio" de tendencia.

Según Conteh, la aparición en los últimos años de los denominados libros electrónicos como 'Kindle', de Amazon, que permiten almacenar un elevado volumen de publicaciones mediante conexiones inalámbricas a Internet, y particularmente el de la tableta iPad de Apple y otras versiones similares y aplicaciones para teléfonos móviles, ha abierto un nuevo campo a la distribución de ese formato digital.

Ler máis


Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez

Mércores, 13 Abril 2011

Nova: Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez

O titular engana. Din que é o abecé deste oficio. Agustín Fernández Paz desménteo axiña, pero non parece amolado. "Para min é unha novela máis, escribina coa mesma intensidade que as anteriores", corrixe con amabilidade. A diferenza de todas elas, porén, Non hai noite tan longa (Xerais) será a primeira que o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil publique en Galicia sen prescricións de idade para os lectores. Nin teóricas nin explícitas. Tecnicamente será a súa primeira novela para adultos. Ao final, o protagonista ten que conceder: "É inevitábel que se vexa como un segundo debut". Debe ser o abecé do seu oficio.

Non hai noite tan longa conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra. Non volveu nin sequera para darlle sepultura ao pai, condenado e encarcerado a finais dos sesenta por un delito que non cometeu. A Galicia coa que se atopa en 2002, tras a morte da súa nai, é moi distinta da que deixara en 1970. O que non cambiou foi a ferida que o arredou dos seus e o levou a Francia, aínda sen estiñar. A mala conciencia segue intacta. "A novela é un axuste de contas coa miña xeración", explica. "Coa educación que recibimos".

Ler máis


Os ingleses lerán unha tradución do galego por cuadraxésima vez na historia

Mércores, 13 Abril 2011

Nova: Os ingleses lerán unha tradución do galego por cuadraxésima vez na historia

Domingo Villar é un dos autores con máis éxito do mercado editorial galego. Aínda que, quizais, esta expresión non sexa a máis adecuada, por limitar o triunfo dun autor lido en toda Europa ao público do país, porque este escritor vigués, nacido no ano 1971, vén de ver como a súa novela A praia dos afogados vía a luz en Inglaterra o pasado 7 de abril, baixo o título de Death on a Galician Shore.

A tradución do texto vai da man de Sonia Soto -tradutora habitual ao inglés das obras de autores como Pérez-Reverte-, e está publicada pola editorial británica Abacus. Esta non é a primeira obra do galego en ser publicada na Gran Bretaña, xa que a súa ópera prima, Os ollos da auga, xa fora lanzada nese mercado como Water-Blue Eyes.

Ler máis


«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade»

Xoves, 07 Abril 2011

Nova: «Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade»

Edicións Xerais de Galicia acaba de publicar a obra poética completa de Lois Pereiro. Ana Acuña foi a responsable desta edición, que ofrece unha dimensión «máis global».

-Unha vez que se reúne nun volume a poesía de Pereiro, ¿que nova dimensión aparece?

-Penso que a poesía reunida nun único volume dá unha dimensión máis global da vida e da obra de Pereiro. Así, creo que a poesía completa axuda a visualizar a súa evolución poética, a reparar nas características da súa obra (por exemplo, o hibridismo lingüístico en «cinco idiomas traballosamente interpretados», como el escribiu) e a comprobar a súa preocupación pola lingua na procura do mot juste en cada poema. Ademais, o coñecemento da súa poesía permítelle ao lector relacionala coa obra en prosa, decatarse das súas preocupacións sociais e do seu compromiso co galego dende os 17 anos, cando decidiu que esa sería a súa lingua poética.

Ler máis


"A escrita sorpréndeme ata a min"

Xoves, 07 Abril 2011

Nova: "A escrita sorpréndeme ata a min"

Lupe Gómez regresa estes días ás librerías cunha obra heterodoxa e inclasificable, Diálogos imposibles, onde a vertente como poeta desta escritora nacida en Fisteus (1972) se encabalga da dramaturxia para recrear o alento da vida. O libro, publicado por Laiovento, preséntase hoxe na Librería Pedreira de Compostela -ás oito da tarde- nun acto no que participan Olalla Cociña e o director da editorial, Francisco Pillado. Canda eles, Xabier Díaz e Guillermo Fernández, que montaron para a ocasión un pequeno concerto.

Dialogos imposibles é, en palabras de Lupe Gómez, "poesía e teatro ao mesmo tempo", entre outras razóns porque ela nunca pode abandonar totalmente a poesía, pero tamén "porque me apetecía escribir teatro" e o seu teatro "está influído pola poesía. E viceversa: os dous xéneros vanse mesturando e retroalimentando entre eles".

Ler máis


281 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?