Asociación Galega de Editores

Prensa escrita

A liberación da muller é un dos feitos máis importantes da sociedade

Mércores, 15 Xuño 2011

O escritor e cineasta Héctor Carré (A Coruña 1960) vén de gañar o V Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil de Xerais coa obra Febre, unha historia que se enmarca nos tempos do volframio. A historia, localizada en Noia, retrata a chegada de Carmucha, unha moza familia acomodada e cun forte carácter. Vendo as inxustizas que se producían na súa contorna, deixa o seu traballo como profesora na Sección Feminina para converterse en estraperlista de volframio para conseguir cartos e construír unha escola para prostitutas.

Máis: Xornal

 

 

 

Barcos na ría
Barcos na ría
Música
Música
Contorna
Contorna
A ría
A ría
Celia Torres
Celia Torres
Mª Xosé Queizán
Mª Xosé Queizán
Moniña
Moniña
Anxo Fariña
Anxo Fariña
Marcos Calveiro
Marcos Calveiro
Leo
Leo
Previos
Previos

Diego Ameixeiras prepara nova novela

Xoves, 19 Maio 2011

Nova: Diego Ameixeiras prepara nova novela

Diego Ameixeiras afirma que escribe «pensando no público, como todo o mundo» e onte viaxou a Lugo dende Santiago para encontrarse con ese público. O escritor participou na Feira do Libro de Lugo presentando a súa novela ‘Asasinato no Consello Nacional’ (Xerais) co gallo de que levou o premio Irmandade do Libro ao mellor texto do 2010, segundo lembrou o seu editor, Manuel Bragado.

Máis: El Progreso

 


Ramón Lourenzo será distinguido co Premio Trasalba

Xoves, 19 Maio 2011

Nova: Ramón Lourenzo será distinguido co Premio Trasalba

O catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames, 1935), cofundador do Instituto da Lingua Galega en 1971, poeta, especialista en léxico e lingua medieval, editor da "Crónica troyana" e de importantes textos do literatura da Idade Media, fundador e director da revista "Dorna", áca

Máis : en Xornal

 


O vello Simbad en versión cinematográfica

Luns, 02 Maio 2011

Nova: O vello Simbad en versión cinematográfica

O vello Sinbad puido volver ás illas, pero igual non calculou chegar ao cine. A versión do clásico de Álvaro Cunqueiro que nacionalizaba ao mito da vida mariñeira e das aventuras pouco cotiáns terá versión cinematográfica neste 2011 no que o escritor, tan pouco necesitado de efemérides para darse a valer, cumpriría 100 anos, e o libro, 50.

Máis Información : La Voz de Galicia

 


Entrevista a Marcos Calveiro no Faro de Vigo

Luns, 02 Maio 2011

Nova: Entrevista a Marcos Calveiro no Faro de Vigo

O libro que recibira o premio Lazarillo 2009; o mesmo que foi ilustrado por Ramón Trigo e se expuso na exposición White Ravens na Feira do Libro de Bolonia deste ano escollido pola Bibioteca de Munich, O pintor do sombreiro de malvas, (Xerais), volveu esta fin de semana a recibir un galardón, o de mellor libro infantil-xuvenil da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O seu autor, Marcos Calveiro (Vilagarcía,

Máis : Faro de Vigo


Os mellores do 2010

Venres, 29 Abril 2011

Nova: Os mellores do 2010

As obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, escollidas polos máis de 400 socios e socias deste colectivo, xunto con Gálix e membros do Colexio de Xornalistas, daranase a coñecer mañá na Cea das Letras, no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

As obras finalistas son, na modalidade de blog literario, Ferradura en tránsito de Xosé Manuel Eyré; O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso. En ensaio, A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro; Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.

Ler máis


A Feira do Libro de Bos Aires lembrou a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro

Venres, 29 Abril 2011

Nova: A Feira do Libro de Bos Aires lembrou a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro

O editor de Galaxia, Víctor F. Freixanes deu unha conferencia sobre Cunqueiro, na que explicou que o autor «sempre tivo o seu corazón na lingua e na cultura de Galicia»

Álvaro Cunqueiro estivo presente na Feira do Libro de Bos Aires. Dentro das actividades para dar a coñecer a literatura galega celebrouse un acto co gallo do centenario do escritor mindoniense e que ten por obxectivo difundir a súa obra en Arxentina. O editor de Galaxia, Víctor F. Freixanes deu unha conferencia sobre Cunqueiro, na que explicou que o autor «sempre tivo o seu corazón na lingua e na cultura de Galicia». Freixanes volverá falar mañá no Café Tortoni sobre xornalismo en Galicia.

Ler máis


A feira do libro de Santiago busca superar o mal resultado da ferrolá

Venres, 29 Abril 2011

"En Ferrol, as previsións caeron en picado. A feira non saíu ben. Esperamos que Santiago vaia mellor". Con estas palabras, Antonio Fernández Maira, voceiro da Federación de Libreiros, explicou a situación na presentación da trixésima edición da Feira do Libro de Compostela, que se inaugura mañá na alameda da capital cun pregón de Diego Ameixeiras, con menor número de casetas e con menos orzamento.

O paseo central da alameda acollerá a partir de mañá e nunha única carpa un total de 16 casetas, das cales nove serán de libraría, cinco de editoras, unha da Biblioteca Ánxel Casal e unha última de servizos de información. Este ano serán menos, xa que na edición de 2010, a feira do libro contaba cun total de 21 casetas. "Hai varias librarías que o ano pasado puideron vir, pero que agora tiveron que prescindir pola situación económica de todos os seus traballadores e en moitos casos só queda o libreiro. Por iso, resúltalles imposible vir, porque terían que pechar a libraría", explicou Antonio Fernández Maira.

Ler máis


281 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?