Mércores, 30 Decembro 2009
O xigante de venda en internet, Amazon, acaba de anunciar un fito: xa vendeu máis libros dixitais ca en papel. Ademais, o seu lector electrónico Kindle foi o obxecto máis agasallado na historia da tenda. Ler nova.
Fonte: Galicia Hoxe
Mércores, 30 Decembro 2009
A empresa galega Continental Games vén de facer a súa aposta na aínda incerta adaptación da linguaxe da banda deseñada ás novas tecnoloxías, o iMotion Comic. É unha aplicación para iPhone e iPod Touch, que se estreará comercialmente na segunda quincena de xaneiro coa adaptación dun dos clásicos de Miguelanxo Prado, Quotidianía delirante. Ler máis.
Fonte: Xornal de Galicia
Mércores, 30 Decembro 2009
A Consellería de Cultura prevé inaugurar tamén durante o 2010 o novo edificio da Biblioteca de Galicia, entre cuxos obxectivos estará o de facilitar o acceso dos usuarios aos fondos para dar un "efectivo soporte documental" e a unificación das distintas bases de datos do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia. Ler máis.
Fonte: Europa Press
Luns, 28 Decembro 2009
Varios autores falan dos seus libros favoritos publicados en galego no ano que remata. Ler nova.
Fonte: El Correo Gallego
Mércores, 23 Decembro 2009
Nas aulas da facultade de Filologies Gallega i Portuguesa da Universitat de Barcelona naceu hai dous anos un taller de tradución do galego e do portugués ao catalán, coordinado polos profesores Pere Comellas e Sabela Labraña, en colaboración con Helena González. Como resultado dese traballo, decidiron crear un espazo na páxina web www.ub.edu/filgalport para colgar as traducións feitas por estudantes de poemas de autores como Fran Alonso, Antón Lopo, María do Cebreiro, Chus Pato, Luz Pozo Garza, Ana Romaní ou João Xavier de Matos. Ler Máis.
Fonte: Galicia Hoxe
Mércores, 16 Decembro 2009
No ano 2008, editáronse en España 8.447 libros electrónicos, fronte aos 220 de 1994. Ler máis.
Domingo, 13 Decembro 2009
Tarragona explora dende esta semana as posibilidades do libro electrónico na Rede. O portal xestionado pola Deputación da provincia impulsa unha biblioteca dixital gratuita (www.tinetbiblioteca.org) na que os internautas dispoñen de 241 obras literarias. Ler máis.
Fonte: El País
Sábado, 12 Decembro 2009
Son o agasallo deste ano, aínda que a súa tecnoloxía está en cueiros e xa se intúen melloras en pouco tempo.
Fonte: La Voz de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.