Asociación Galega de Editores

Prensa escrita

A Xunta elimina as axudas a materiais curriculares en galego

Luns, 12 Setembro 2011

Nova: A Xunta elimina as axudas a materiais curriculares en galego
A Consellería de Educación publica senllas disposicións no DOG para deixar "sen efecto" as convocatorias de axudas, que ascendían a 420.00 para a promoción e 400.000 para a edición

CIGA

El País 

Xornal

 


Shakespeare falará galego

Luns, 12 Setembro 2011

O profesor Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) vén de publicar en Xerais a súa tradución dos Sonetos de Shakespeare. Estes versos, considerados como unha das grandes pezas da poesía lírica universal, aparece agora en galego despois de que Gutiérrez rematase un traballo de máis dunha década. 

As circunstancias que rodearon a publicación dos Sonetos de Shakespeare (cara a 1609 e a ambigüidade no relativo á identidade e ao sexo dos destinatarios teñen servido de escusa a múltiples conxecturas que, se ben non contribúen á comprensión dos sonetos, proban non obstante o continuo interese que esperta esta obra. Catrocentos anos despois de ver a luz,

Máis en Xornal

 


O regreso de Edicións do Cerne

Martes, 06 Setembro 2011

Xesús Couceiro, alma mater da Libraría Couceiro está inmerso nun proxecto complementario á tradicional oferta do establecemento, especializado en libro galego e en libro antigo, do cal é unha referencia a nivel galego. Couceiro adquiriu un pequeño selo editorial, con máis de 25 anos de actividade, chamado Edicións do Cerne, e do que fora cofundador Luis Mariño. Na última década Do Cerne tivera unha actividade intermitente e en retroceso, ata que foi adquirida pola Libraría.

Fonte: culturagalega.org


As leccións de Lois Pereiro

Martes, 06 Setembro 2011

Nova: As leccións de Lois Pereiro

Hai non tanto tempo eran moitas as voces que sinalaban que o Día das Letras era unha celebración caduca e con pouco futuro. No entanto, as edicións dos últimos anos, dedicadas sucesivamente a nomes de lustre e con contrastada calidade literaria como Xosé María Álvarez Blázquez, Ramón Piñeiro ou Uxío Novoneyra detiveron unha certa tendencia a apostar pola recuperación de autores pouco coñecidos. A consolidar a data, o día dedicado a Lois Pereiro neste 2011 amosou unha mobilización iné

Fonte: Culturgagalega.org

 

 


Un estudo desbota o mito dos nativos dixitais

Mércores, 24 Agosto 2011

Nova: Un estudo desbota o mito dos nativos dixitais

En moitas ocasión pode escoitarse a expertos referirse á mocidade como nativos dixitais, por aquilo de que as TIC xa estaban presentes nas súas vidas dende os inicios, o que algúns presupón que supón unha vantaxe con respecto aos seus antecesores, pero esta suposición é un mito, segundo detallaron nun estudo antropolóxico desenvolvido na Universidade Wesleyan de Illinois, onde puxeron a proba as competencias dixitais de 30 estudantes universitarios, aos que instaron a realizar unha serie de buscas a través 

Ler máis

 

Imaxe: CódigoCero


Entrevista a Rubén Martínez en Galicia Hoxe

Mércores, 22 Xuño 2011

Nova: Entrevista a Rubén Martínez en Galicia Hoxe

FA hipocrisía contaxiarase entón ó eido público dende o privado, ás relacións sociais, porque os individuos xa non son capaces de concibir un mundo sen mentiras, falsidades, sen praceres colectivos que satisfagan á masa, ó tempo que impiden a realización do suxeito, do singular, do ego". É unha das reflexións do protagonista de 1980 (ano cero), a primeira novela de Rubén Martínez Alonso, que acaba de editar Toxosoutos. Un monólogo dunha persoa lúcida na súa loucura. Lea a entrevista completa en Galicia Hoxe

 

Fonte: Galicia Hoxe


Nace un novo proxecto editorial

Venres, 17 Xuño 2011

Cada edición de TAZ (Zona Temporalmente Autónoma) é un acto de guerrilla editorial. Advírteo Anxo Rabuñal no limiar da primeira que ve a luz en galego: “Este libro entre as túas mans convértese nunha zona –de papel– liberada durante o tempo que ti lle adiques á súa lectura”. O texto de Hakim Bey, alcume de Peter Lamborn Wilson (Nova York, 1945), principia en realidade outra sublevación máis ampla. Xunto con Chamamento, un convite anónimo á revolta biopolítica, abre o catálogo de Axóuxere Editora, un novo selo dedicado ao pensamento contemporáneo. Búscanse armas contra a ditadura invisíbel. Razón, aquí

Fonte: Xornal

 

 


Antonio Gala no Litvi

Mércores, 15 Xuño 2011

Nova: Antonio Gala no Litvi

O escritor cordobés Antonio Gala destacou onte a importancia da curiosidade no seu traballo e na de calquera creador, dado que, na súa opinión, a curiosidade é un atributo “esencial para todo” ao tempo que eloxiou o “amor raro” que sente pola cidade de Santiago de Compostela, que ve “misteriosa e tentadora”. Nun encontro coa prensa previo á súa participación no acto inaugural do Encontro Internacional de Literatura de Viaxes Litvi 2011 –que este ano se celebra sen presenza de autores galego–, Antonio Gala mostrou a súa sorpresa por participar neste evento, pese a ter participado xa o ano pasado na primeira edición do Litvi. Máis

 


281 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?