Martes, 15 Xuño 2010
Os editores alertan de que os portátiles entregados este curso carecen dun acceso que evite a copia dos contidos didácticos. O sector alerta dos prexuízos económicos ao non entrar neste mercado. Ler noticia
Fonte: Diario de Sevilla
Luns, 14 Xuño 2010
Catro editores (Anagrama, Alfaguara, Cantil e RBA) reflexionan sobre a cita madrileña, a repercusión da crise na súa industria e o futuro dixital. Ler noticia
Fonte: El País
Xoves, 10 Xuño 2010
A Consellería de Cultura promoverá a lectura a través do intercambio de libros nos centros de información ás mulleres (CIM) de dez municipios galegos. O seu obxectivo é que tamén se poñan en común opinións sobre as obras en cuestión e, así, se reforce a concepción da lectura como alternativa de ocio. Ler nova
Fonte: Galicia Hoxe
Luns, 07 Xuño 2010
Pontevedra en particular, e Galicia en Xeral, perderán en breve unha da súas librarías de referencia. Michelena, en Pontevedra, bota o feche polos malos resultados económicos dos últimos tempos logo de 29 anos de actividade. Ler máis
Fonte: Culturagalega.org
Venres, 04 Xuño 2010
Javier Celaya é Director do Máster en Comunicación Dixital da Universidade de Alcalá de Henares. Con máis de 20 anos de experiencia no mundo da mercadotecnia e a comunicación, é un dos referentes no noso país na contorna 2.0. Con el falamos do presente e o futuro do libro dixital en España, un formato que, por primeira vez tivo cabida nesta edición da Feira do Libro de Madrid e que, coa chegada do Ipad e dispositivos similares ao mercado español promete ser un dos ámbitos de maior crecemento do sector dixital. Ler entrevista
Xoves, 03 Xuño 2010
Os editores de España recoñeceron o traballo de Diego Marín outorgándolle o galardón de Libreiro do Ano 2010, premio que goza de alto prestixio dentro do mundo do libro. Devandito premio outórgase por parte dos editores como recoñecemento ao labor cultural e de apoio ao libro que se fai nas librarías de toda España. Ler nova
Fonte: La Verdad de Murcia
Mércores, 02 Xuño 2010
O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou onte o primeiro dos cinco foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega que se desenvolverán ata outubro. A sesión de onte, dedicada ás políticas culturais e coordinada por Ramón Maiz, comezou cun relatorio de Arturo Rodríguez Morató, profesor de Socioloxía na Universidade de Barcelona. Ler entrevista
Fonte: Galicia Hoxe
Venres, 28 Maio 2010
"As cifras bailan", admite o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Alfonso García Sanmartín, "pero concordamos en que, no 2009, a facturación na industria editorial diminuíu entre un 10% e un 18%". En 2008, último exercicio contabilizado dende a agrupación, a facturación conxunta das 45 empresas da AGE atinxiu os 34 millóns de euros. "Esta redución na factura levará canda si unha redución de exemplares e tamén de títulos", avanza Sanmartín. Ler reportaxe
Fonte: El País
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.