Asociación Galega de Editores

Prensa escrita

Magín Blanco: “Este proxecto ten músicos, actores, pintores, case semella unha ‘troupe”

Domingo, 21 Febreiro 2010

O ourensán Magín Blanco leva no mundo da música dende que debutou nos 80 como membro do grupo La Rosa. Nos seus discos en solitario, Ella e Realidad, forxou un estilo que define como "a medio camiño entre o pop e a canción de autor". Colaborou no espectáculo Palabras contadas, de Camilo Franco. Agora, condensa o espírito naif que sempre arrastrou no libro-disco para nenos A nena e o grilo, de OQO editora, no que colabora con Uxía Senlle, Guadi Galego, Ugía Pedreira e João Afonso. Ler entrevista

Fonte: Xornal de Galicia


Ánxel Casal, a fábrica de Nós, por Suso de Toro

Venres, 19 Febreiro 2010

Nunha noite de agosto de 1936, sempre noite para a traición, apareceu nas aforas de Santiago outro corpo dun home asasinado. O corpo que deixaron tirado nunha gabia era o do alcalde da cidade, un editor, un tipógrafo. Outro tipógrafo. Desde que Diderot, aquel editor casado cunha costureira, comezou a mediados do século XVIII a usar o prelo como instrumento para cambiar o mundo, innúmeros tipógrafos foron contaminados por ese mesmo mal de querer rexenerar a sociedade. Ler reportaxe

Fonte: El País


Regreso ao "poeta puro", por Óscar Iglesias

Venres, 19 Febreiro 2010

"O que non o lea agora é porque non quere", oufánase Araceli Herrero. A comezos de marzo preséntase en Lugo Luís Pimentel. Obra completa (Galaxia), na edición da profesora luguesa. Herrero remata así o traballo que comezara nos anos 70 por recomendación de Ricardo Carvalho Calero. Acabar a obra do único poeta maior da Xeración de 1925, despois de Nós, que traspasa -mortos Amado Carballo e Manuel Antonio, canda el o gran renovador da poesía galega despois do Rexurdimento- a fronteira da guerra. Ler reportaxe

Fonte: El País


Contar para un neno autista: o outro xeito de ver o mundo

Xoves, 18 Febreiro 2010

'Era verán.  Nunha granxa, unha pata daba calor aos seus ovos'. Así arrinca un coñecido conto, O patiño feo, que grazas á colaboración de Kalandraka tamén poden ler os nenos que sofren de autismo ou disfasia, un trastorno que afecta a día de hoxe a un de cada 150 nados. Ler nova

Fonte: Galiciae


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?