Martes, 21 Decembro 2010
Andrés Neuman (Bos Aires, 1977) participou onte xunto á poeta galega Olga Novo no ciclo Poetas Di(n) versos, organizado pola Concellería de Cultura da Coruña e dirixido pola escritora Yolanda Castaño. Neuman, poeta e narrador, foi galardoado en 2009 co Premio Alfagura de Novela pola obra El viajero del siglo. Autor dunha ampla lista de títulos poéticos, é un dos grandes referentes dos versos en lingua castelá da súa xeración. Andrés Neuman recoñece que a súa relación coa literatura galega comezou "moi cedo" e que ten contacto con autores da súa xeración. "Hai mulleres extraordinarias nesta xeración. Emma Couceiro,Yolanda Castaño ou Estíbaliz Espinosa. Grazas a elas, teño moito interese pola poesía galega contemporánea", afirma o escritor.
Fonte: xornal.es
Luns, 20 Decembro 2010
Segundo unha enquisa realizada por Javier Celaya e Iñaki Saldaña entre os alunos de diversos másters da edición, as diferencias entre eles no que respecta ao uso das ferramentas dixitais é variado.
Os alumnos do Máster da Edición de Santillana Formación deste ano son os máis analóxicos en comparación cos alumnos do Máster de Edición da Universidade Autónoma de Madrid, sendo os máis dixitais os alumnos da primeira edición do Máster en Edición Dixital da Universidade de Alcalá.
Segundo os dous analistas de Dos Doce, ao preguntarlles aos alunos si son lectores habituais de contidos en pantalla (prensa, revistas, libros, etc.), o 87% respondiu afirmativamente, sendo principalmente obxecto destas lecturas as novas aparecidas nos xornais (90%), libros de consulta (diccionarios, enciclopedia) (64%) e artigos de revistas (59%). En menor medida, novelas (20%) e poesía (18%). Do total que recoñeciu ser lector en pantallas, o 97% faino a través do seu ordenador persoal, mentras ca un 29% faino ademais desde teléfono móbil e un 13% mediante un dispositivo de lectura.
Ler máis
Luns, 20 Decembro 2010
O escritor Fernando Ontañon vén de lanzar a súa primeira novela, ‘Relatos invisibles'
Fernando Ontañón (Santander, 1972) leva dende os catro anos residindo na Coruña. Licenciado en Ciencias da Información, dende o primeiro momento orientou a súa carreira profesional cara ás letras, pero é agora, aos seus 38 anos, cando ve publicado o seu primeiro traballo.
Fonte: xornal.es
Domingo, 19 Decembro 2010
O Profesor vigués Xosé Alfredo Naz é o gañador do Premio Modesto Figueiredo do ano 2010, organizado polo Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Vilagarcía. O xurado, amais de elexir O Mal como a mellor das obras presentadas ao certame, outorgou un accésit a A sombra curuxa, outro traballo do mesmo autor.
O xurado composto polos escritores Marcos Calveiro, Miro Villar e Ramón Caride.....
Fonte : La Voz
Domingo, 12 Decembro 2010
“As homenaxes, mellor en vida” asegurou Marcos Valcárcel no ano 2008, cando lle diagnosticaron unha enfermidade que acabaría coa súa vida este domingo 5 de decembro. Desde entón sucedéronse as actividades, xantares e publicacións de
Fonte: CCG
Luns, 29 Novembro 2010
A Editorial Galaxia vén de anunciar que a homenaxe a Fernández del Riego no mes de xaneiro. Por medio dunha nota publicada na páxina web da editorial, convócase aos actos de lembranza e condolencias. Así mesmo, a editorial anuncia que homenaxeará ao seu fundador e membro do padroado da entidade desde o ano 1963, no vindeiro mes de xaneiro.
Fonte: Galaxia
Venres, 05 Novembro 2010
Un ano máis, a Asociación Galega de Editores organiza o Simposio sobre o libro e a lectura, que neste curso chega á súa sétima edición. Terá lugar os vindeiros días 18 e 19 de novembro no auditorio do Centro Social Caixanova, en praza de Cervantes 17, Santiago de Compostela. Nesta ocasión o Simposio centrarase en analizar as diversas accións que se desenvolven no ámbito nacional e internacional arredor da promoción da lectura.
Ler máis: Xornal de Galicia
Xoves, 28 Outubro 2010
A única librería de Serra Leona chámse Diáspora e nela ten moito que ver a novelista e reporteira da BBC Aminatta Forna, inglesa de nacemento. Serra Leona conta cunhas taxas de analfabetismo do 85%.
Foto: berlinverlage.com
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.