Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Globalización e imperialismo cultural

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Globalización e imperialismo cultural

Libro colectivo no que participan algúns dos ensaístas de maior prestixio internacional verbo do fenómeno da globalización, que foi compilado, prologado e traducido polo escritor e poeta Manuel Outeiriño.

Ler máis

Grial 190

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Grial 190

A investigación en valor. Diálogos 01

Investigación, Coñecemento, Tecnoloxía son factores fundamentais para o futuro de calquera sociedade. Compoñentes básicos de calquera cultura moderna. O número 190 da revista GRIAL aborda unha das cuestións que consideramos decisivas para calquera planteamento que se faga de futuro en Galicia: ¿onde vai a nosa capacidade de investigación? ¿Sobre que...

Ler máis

A gaivota. O tío Vania

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: A gaivota. O tío Vania

Dúas obras fundamentais do dramaturgo ruso Antón Chékhov

Escrita en 1896, A gaivota é a primeira das obras de Chékhov que son xeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso. Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: a inxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, o dramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e o...

Ler máis

Dona do corpo delgado / Herba aquí e acolá / Outros poemas

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Dona do corpo delgado / Herba aquí e acolá / Outros poemas

Reúnese neste volume toda a obra poética publicada por Álvaro Cunqueiro desde 1933 ao ano do seu pasamento. Un período fundamental na súa obra, no que a voz poética destila un pouso de sabedoría lírica poucas veces acadado antes na literatura galega contemporánea.

Esta nova edición, que recupera a ordenación dada polo autor a 'Herba aquí e acolá', engade un mangado de poemas nunca antes...

Ler máis

Escola de menciñeiros

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Escola de menciñeiros

A primeira edición deste libro é de 1960; dende aquela non deixou de engaiolar lectores

Libro de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños. Escrito sen excluír unha pinga de grata inquedanza, afirma Domingo García-Sabell no limiar. Coma un espello que agacha algo nunca descuberto. A xente de Cunqueiro é a xente de nós, ferida polo mundo, do que cómpre sandar.

Ler máis

Beatum corpus

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Beatum corpus

Esta novela érguese por riba de movementos e épocas para reflectir a individualidade dunha ollada iniciática

Un encontro en Vigo. Un camiño de iniciación que leva ao templo onde teñen lugar os misterios da relixión do corpo. Publicada por primeira vez en 1993, en Beatum corpus César Cunqueiro conduce o lector nunha viaxe a través das vivencias e dos días no medio dunha escuridade sobre a que os...

Ler máis

Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea

Edicións Nigra Trea publica Historia das mulleres en Galicia. Epoca contemporánea, de Herminia Pernas Oroza. As súas  páxinas conteñen unha aproximación á historia da muller en Galicia durante a época contemporánea, ollada desde varios campos temáticos: o demográfico, o económico, o social e o político. No primeiro, constátase unha gran variedade de comportamentos a nivel local e comarcal, e...

Ler máis

A verdade sobre Marie

Xoves, 27 Outubro 2011

Nova: A verdade sobre Marie

Os personaxes, xa coñecidos do lector galego por 'Fuxir', despregan unha enerxía inesgotable

En 'A verdade sobre Marie', Jean-Philippe Toussaint prolonga ou retoma a historia que une e separa, aproxima e afasta, a imprevisible e sedutora Marie a un engaiolado narrador. Sempre a viaxaren, sempre en movemento, sempre en perigo, aprenderon a vivir e a amar sen se preocupar das dimensións do mundo...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?