Xoves, 27 Outubro 2011
Despois de obter o Premio Repsol en 2006 con 'Se algún día esta muller morta', Miguel Sande volve con 'A vida fóra', outro convite para lectores apaixonados polas historias intensas
Nun texto narrativo que se achega aos límites do narrado para poder contar a historia dunha vida xa case na extenuación, Miguel Sande realiza unha procura no que queda dos sentimentos e na consciencia esvaecida do...
Xoves, 27 Outubro 2011
Tempos de racionamento, de represión e de precariedade que Neira Vilas recrea con man maxistral neste emotivo monólogo
Sara, unha mestra rural, recorda a Tomás, o seu amor de adolescencia, que marchou para o Brasil con dezanove anos e nunca máis soubo del. Nos días de agosto, sen a compaña dos nenos da escola, dóese da súa soidade e evoca o tempo ido. Son os anos da guerrilla antifranquista, do...
Xoves, 27 Outubro 2011
Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas artistas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte nunha experiencia estética completa.
As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que "non preguntan";...
Xoves, 27 Outubro 2011
Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres
Nas páxinas desta guía atoparemos meigas, mouros, mulleres, guerreiros e animais fabulosos, sereas e pedras marabillosas; en definitiva, lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, onde, continuando co traballo emprendido anos atrás coa Guía máxica, mítica e lendaria, se tenta derrubar as fronteiras entre mitoloxía e relixión, entre o profano e o...
Xoves, 27 Outubro 2011
Unha das novelas centrais da obra de Orhan Pamuk
Unha fervenza de historias engaioladoras que rebolen arredor dun misterio nada convencional. A muller de Galip desapareceu, cabe a posibilidade de que o abandonase e marchase con Celâl, un célebre cronista que, a súa vez, tamén se esvaeu. Mentres Galip investiga, acaba por asumir a identidade do envexado Celâl, vestindo a súa roupa, contestando o...
Xoves, 27 Outubro 2011
Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo
Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos
e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun...
Xoves, 27 Outubro 2011
Galaxia publica o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso Ola, ola, la!, por Kristina Sabaite, no que participan importantes poetas galegos, neste caso Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria
M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a compoñer letras.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos....
Xoves, 27 Outubro 2011
Unha historia sobre unha sociedade enferma de racismo
Un libro sobre o esforzo dunha rapaza alxeriana por saír adiante en Europa. Un libro sobre a intolerancia. Aïcha non é unha adolescente calquera. De orixe alxeriana, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa, á vez que se ocupa do seu irmán maior, Mouloud, cheo de obsesións e ao bordo da tolemia.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.