Xoves, 27 Outubro 2011
O mundo de Vilanova de Alba, espello e metáfora dun tempo non tan distante, volve á literatura de Freixanes coa intensidade das lembranzas que nos sobreviven.
Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de...
Xoves, 27 Outubro 2011
Polito viaxa ao planeta Cero e descobre que os seus habitantes non saben contar. Pero iso non é ningún problema, Polito ensinaralles.
Ler máisXoves, 27 Outubro 2011
Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras fantásticas
"Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu". Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo, unha autora que, dende hai ben tempo, goza dos favores dos que saben apreciar a boa literatura.
Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha...
Xoves, 27 Outubro 2011
Nova edición con dous contos inéditos, "O espertar da criada" e "O misterio de Uz"
Neste libro de relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con títulos como O lapis do carpinteiro e Que me queres, amor?, este último galardoado co Premio Torrente Ballester e co Premio Nacional de Literatura de 1996.
A mirada de Rivas sobre a vida, o mundo e os seres humanos segue a...
Xoves, 27 Outubro 2011
Unha orixinal proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Un libro que demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos. Un texto para saborear as palabras ben escritas en receitas contadas doutra maneira. Un libro, en...
Ler máisXoves, 27 Outubro 2011
Xosé Carlos Caneiro, que se estrea como autor de literatura infantil, reflexiona sobre a tiranía da beleza e do superficial na relación entre os seres que poboan a terra.
O raposo Colabranca vivía só pendente de si mesmo e da súa branquísima beleza. Ata que a fraga enteira se puxo en perigo. Agora tócalle escoller: pensar só nel ou botar unha man aos que con el viven...
Xoves, 27 Outubro 2011
Unha metáfora arredor do egoísmo e a necesidade de superalo
En Linguápolis habitan uns vermes moi curiosos e traballadores. E de todos eles, Noel é o máis cobizoso. E todo comeza a cambiar no que ata ese día era un mundo feliz...
Xoves, 27 Outubro 2011
Versión nova e ampliada do texto co que Xavier Queipo obtivo o Premio da Crítica española en 1991
A pegada do mar e dos océanos xeados é unha constante na narrativa de Queipo, que experimenta coa escritura baixo a sombra tutelar de Borges e Jack London, de Conrad e Francisco Coloane. Libro de libros e de océanos, relatos de viaxe, ficcións que descobren personaxes e historias ignotos, mundos...
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.