Mércores, 17 Xuño 2009
Pirata, a terceira novela de María Reimóndez, fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida.
A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na...
Ler máisLuns, 15 Xuño 2009
O trasmundo de Antioquía, do ourensán Rafel Laso, reabre a colección de novela de Edicións do Cumio. Con pulos renovados, a editora de Pontevedra retoma a vella arela de publicar narradores galegos e volve a ese camiño da man dunha novela que conxuga ficción e realidade histórica. O trasmundo de Antioquía, terceiro título do seu autor, transpórtanos a un mundo lendario e máxico oculto baixo as...
Ler máisLuns, 15 Xuño 2009
Edicións Xerais engade novos títulos á colección Sopa de Libros con Lúa do Senegal e Andanzas de Xan Farrapeiro.
Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do...
Ler máisDomingo, 14 Xuño 2009
Edicións Xerais de Galicia publica Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa, Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2008. O xurado salientou a solidez da estrutura dramática desta peza, cualificándoa como unha obra "moi coidada" e "moi ben construída", así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as...
Ler máisMércores, 10 Xuño 2009
Ir Indo Edicións publica El ferrocarril en Galicia 2, de Xosé Carlos Fernández. O atraso na chegada da alta velocidade a Galicia sobre a maioría das CCAA, está orixinado por decisións de sucesivos gobernos do Estado, que priorizan investimentos nas liñas que consideran máis rendibles economicamente.
Ás liñas AV de acceso ás comunidades que xa estaban mellor comunicadas que Galicia, destináronse...
Martes, 09 Xuño 2009
Edicións Xerais de Galicia engade novos títulos á colección Merlín. A obra Restaurante Farruco é unha divertida peza teatral nun acto, onde Chus Pereiro xoga coa rima para presentar a ritmo trepidante a xornada que se vive nun restaurante moi especial. O ilustrador Xan López Domínguez deu vida a cada un dos personaxes da peza.
No xeitoso e moi feituco resturante Farruco celébrase un xantar...
Ler máisMartes, 09 Xuño 2009
Baía edicións acaba de publicar O informe do empregado Mendes, de José Mondelo, con ilustracións de Fernando Llorente. Un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e da bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo, dun país harmonioso e de anxos rebeldes, de amores...
Ler máisXoves, 28 Maio 2009
Edicións Xerais de Galicia edita un Dicionario Francés-Galego. Este Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés, preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.