Venres, 27 Marzo 2009
Baía Edicións publica Deter o día cunha flor. Non existe a arte, só os artistas. Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo...
Ler máisMércores, 18 Marzo 2009
Baía Edicións engade novos títulos ás coleccións Ensaio e Infantil. Tres mulleres de armas tomar é a última novidade da colección Baía Ensaio. Este libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira. Tres mulleres de armas tomar é unha nova historia coa que Baía Edicións pretende contar parte do...
Ler máisMartes, 17 Marzo 2009
Andavira Editora presenta unha nova colección dedicada ao mundo da empresa. Trátase dunha serie de títulos onde se analizan os distintos aspectos do mundo empresarial dunha forma sinxela, amena pero tamén rigorosa. Os principios por todos aceptados ata agora xa non valen nestes días convulsos que vivimos. Desde Andavira Editora proponse unha ollada renovadora, con novas vías de actuación, que...
Ler máisLuns, 16 Marzo 2009
Edicións Xerais de Galicia presenta diversas novidades dentro das coleccións de narrativa, poesía e Xerais Merlín. O sombreiro chichiriteiro, o primeiro libro infantil de Manuel Rivas e ilustrado por Patricia Castelao, acaba de saír do prelo neste mes de marzo. Edicións Xerais de Galicia presenta O sombreiro chichiriteiro como a historia de amizade dun sombreiro moi especial, o chichiriteiro,...
Ler máisVenres, 13 Marzo 2009
Baía Edicións engade un novo título á súa colección Contos da igualdade titulada O meniño Nito, de Sonia Rosa e con ilustracións de Macus Romero.
Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema en que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.
Con esta colección Baía Edicións pretende romper coa tendencia...
Martes, 03 Marzo 2009
A editorial Ir Indo preséntanos as súas últimas novidades, Un médico rural en el siglo XX, de Manuel Rodríguez Troncoso e Nas ondas de Galicia, de Modesto Hermida García. Un médico rural en el siglo XX conta as vivencias do autor, como médico rural, a mediados do século XX, nos vales de Fornela e de Valdeburón (León), lonxe dos centros hospitalarios e especialistas...).
Ir Indo Edicións,...
Ler máisXoves, 26 Febreiro 2009
Edicións Xerais de Galicia presenta as últimas novidades da colección Fóra de xogo, que recolle títulos como o Derradeiro irmán, de Nathacha Appanah; Quen matou a Inmaculada Silva, de Marina Mayoral; Flanagan Flash-Back, de Martín e Ribera e Aire Negro, de Agustín Fernández Paz.
A colección Fóra de Xogo, de Edicións Xerais de Galicia, conseguiu nos seus máis de doce anos de vida e os seus...
Martes, 10 Febreiro 2009
Edicións Xerais de Galicia publica Monbars, o Exterminador, de Hixinio Puentes, premio Eixo Atlántico de narrativa galego-portuguesa.
Monbars o Exterminador, de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei, a autoridade, a monarquía, a liberdade, a...
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.