Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Andavira Editora saca do prelo "Vendas, a arte de pescar"

Luns, 18 Maio 2009

Nova: Andavira Editora saca do prelo "Vendas, a arte de pescar"

Andavira Editora engade un novo título á nova colección dedicada ao mundo da empresa, trátase de Vendas, a arte de pescar. Esta terceira entrega da colección bota unha ollada ao proceso de vendas e trata de achegar algunhas ideas claves que axuden a mellorar o seu resultado.

Fonte: Andavira Editora

Foto: Portada de Vendas, a arte de pescar, de Andavira Editora

Ler máis

Edicións Xerais de Galicia publica a novela "Tempo de centeo"

Xoves, 14 Maio 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia publica a novela "Tempo de centeo"

Edicións Xerais de Galicia publica a novela Tempo de centeo, de Xosé Fernández Ferreiro, da colección Xerais Narrativa. Esta novela rememora aquel Ourense de posguerra, pequeno, clerical e clasista. Unha historia amarga e realista da que emerxen, coa forza das cousas prohibidas, todos os desexos humanos nun tempo escuro e desaventurado que trocou a vida de moitas xeracións.

O' salto do can, a...

Ler máis

Baía Edicións presenta "O vicio Nefando", da colección Baía Narrativa

Mércores, 13 Maio 2009

Nova: Baía Edicións presenta "O vicio Nefando", da colección Baía Narrativa

Baía Edicións presenta O vicio Nefando, da colección Baía Narrativa, do escritor Xosé Manuel Martínez Oca. É unha excelente novela cargada de ironía e denuncia, en que a literatura e os escritores son os auténticos protagonistas dunha historia que non se nos revela indiferente. Cosme Damián Ferro Barreiro, estudante opositor e narrador novel, preséntasenos como prototipo de escritor que non só...

Ler máis

Edicións Xerais de Galicia publica "Ramón Piñeiro. Os días ocultos"

Martes, 12 Maio 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia publica "Ramón Piñeiro. Os días ocultos"

Edicións Xerais de Galicia publica unha novela enfiada na memoria de Ramón Piñeiro, do escritor Daniel Ameixeiro, Ramón Piñeiro. Os días ocultos.

Nesta novela de Daniel Ameixeiro os fíos da memoria vanse enguedellando e desenguedellando nun relato no que Ramón Piñeiro volve unha e outra vez aos difíciles días da posguerra, uns días nos que un grupo de galeguistas, enfrontándose á dura...

Ler máis

Edicións Xerais de Galicia engade novos títulos á colección Xerais Merliño

Xoves, 07 Maio 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia engade novos títulos á colección Xerais Merliño

Edicións Xerais de Galicia engade dous novos títulos á colección Xerais Merliño: Pinga de choiva, de Ánxela Gracián e Dona Landra no río revolto, de Alberto Varela Ferreiro. Pinga de choiva, con ilustracións de Daniel Díaz, conta a historia de amor entre unha pinga e o arco da vella.

Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no envés...

Ler máis

Ir Indo publica "De las tinieblas a la luz", de Balboa Toba

Mércores, 22 Abril 2009

Nova: Ir Indo publica "De las tinieblas a la luz", de Balboa Toba

A Editorial Ir Indo publica De las tinieblas a la luz, de Antonio J. Balboa Toba, dentro da colección Ir Indo Narrativa. Esta novela pode enmarcarse no que Álvaro Cunqueiro denominaba "Realismo máxico", xa que ten un fondo histórico, de aventura e amoroso. A acción parte cando un pai no seu leito de morte lle pide ao seu fillo que abandoe as tebras da mina, e este embarca nunha aventura que o...

Ler máis

Baía Edicións sacou do prelo "Nera, a ferreira", da colección Contos da igualdade

Mércores, 08 Abril 2009

Nova: Baía Edicións sacou do prelo "Nera, a ferreira", da colección Contos da igualdade

Baía Edicións sacou do prelo Nera, a ferreira, da colección infantil e xuvenil, Contos da igualdade. Nera naceu nun momento especial, xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder? Con esta colección Baía Edicións pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles...

Ler máis

Edicións do Cumio edita a "Guía das fervenzas de Lugo e Ourense"

Mércores, 08 Abril 2009

Nova: Edicións do Cumio edita a "Guía das fervenzas de Lugo e Ourense"

Edicións do Cumio edita a Guía das fervenzas de Lugo e Ourense, elaborada por Ramón Muñiz de las Cuevas e Margarita Fontela Cotelo. A obra vén completar a colección de guías a toda cor que a editorial dedica a este fenómeno natural, onde se recollen as fervenzas máis fermosas das catro provincias galegas. Na guía que se presenta estes días podemos atopar claras descripcións dos roteiros e...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?