Martes, 09 Xuño 2009
Baía edicións acaba de publicar O informe do empregado Mendes, de José Mondelo, con ilustracións de Fernando Llorente. Un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e da bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo, dun país harmonioso e de anxos rebeldes, de amores...
Ler máisMartes, 09 Xuño 2009
Edicións Xerais de Galicia engade novos títulos á colección Merlín. A obra Restaurante Farruco é unha divertida peza teatral nun acto, onde Chus Pereiro xoga coa rima para presentar a ritmo trepidante a xornada que se vive nun restaurante moi especial. O ilustrador Xan López Domínguez deu vida a cada un dos personaxes da peza.
No xeitoso e moi feituco resturante Farruco celébrase un xantar...
Ler máisXoves, 28 Maio 2009
Baía Edicións publica Os sentidos, de Jinny Johnson, da colección "Primeiros coñecementos de ciencia". O pequeno lector entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros con fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerlle intrigantes detalles, á vez que un texto claro lle explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndanlle a oportunidade...
Ler máisXoves, 28 Maio 2009
Edicións Xerais de Galicia edita un Dicionario Francés-Galego. Este Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés, preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a...
Ler máisVenres, 22 Maio 2009
Ir Indo Edicións edita Ramón Otero Pedrayo, escritor, de Anxo Xoán Rajó Pazó. A obra vén incrementar a colección Galegos na historia. Ramón Otero Pedrayo, xunto con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, todos eles da xeración Nós, consolidou e anovou a prosa en lingua galega. Nesta biografía, o lector, ademais do perfil humano do protagonista, poderá comprender a súa trascendencia no...
Ler máisMartes, 19 Maio 2009
Edicións Xerais publica en dixital Unha conversa con Ramón Piñeiro, de Suso de Toro. O libro pode descargarse desde a ligazón que se publica nesta páxina.
Imaxe: EGU
Ler máisLuns, 18 Maio 2009
Ir Indo Edicións edita Conversas con Alfredo Conde, de X. M. del Caño. Alfredo Conde foi un político discutido e discutible, contra o que lanzaron dardos envelenados por correr e gañar o premio Nadal con Los Otros Días, en versión castelá, despois de ser titular da Consellería de Cultura e de lograr o primeiro e único Premio Nacional de Literatura que permanece no haber das letras galegas,...
Ler máisLuns, 18 Maio 2009
Baía Edicións publica Papiroflexia, de Vicente Palacios. A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- do nada, pero si de case nada. Partimos da forma plana, por ser a...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.