Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Edicións Xerais engade un novo título á colección Fóra de Xogo

Mércores, 24 Xuño 2009

Nova: Edicións Xerais engade un novo título á colección Fóra de Xogo

Edicións Xerais publica Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, de Enrique Vázquez Pita, da colección Fóra de Xogo. Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón...

Ler máis

Baía Edicións engade un novo título á colección Meiga Moira

Mércores, 24 Xuño 2009

Nova: Baía Edicións engade un novo título á colección Meiga Moira

Baía Edicións presenta Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can), de Roberto Salgueiro, un novo título da colección Meiga Moira. Esta comedia farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con...

Ler máis

Ir Indo Edicións publica "Xeometrías máxicas de Galicia"

Xoves, 18 Xuño 2009

Nova: Ir Indo Edicións publica "Xeometrías máxicas de Galicia"

Ir Indo Edicións saca do prelo unha nova publicación Xeometrías máxicas de Galicia, de Bieito Romero, o  fundador do grupo folk Luar na Lubre. O seu interese pola simboloxía comenzou na década de 1980. A idea de facer este libro parte da importancia de amosar a riqueza simbólica descoñecida e proxectada ata hoxe dende tempo inmemorial, de evidenciar o deterioro que ano tras ano sofre este...

Ler máis

Edicións Xerais de Galicia publica "Pirata", de María Reimóndez

Mércores, 17 Xuño 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia publica "Pirata", de María Reimóndez

Pirata, a terceira novela de María Reimóndez, fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida.

A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na...

Ler máis

Edicións do Cumio reabre a colección de novela con "O trasmundo de Antioquía"

Luns, 15 Xuño 2009

Nova: Edicións do Cumio reabre a colección de novela con "O trasmundo de Antioquía"

O trasmundo de Antioquía, do ourensán Rafel Laso, reabre a colección de novela de Edicións do Cumio. Con pulos renovados, a editora de Pontevedra retoma a vella arela de publicar narradores galegos e volve a ese camiño da man dunha novela que conxuga ficción e realidade histórica. O trasmundo de Antioquía, terceiro título do seu autor, transpórtanos a un mundo lendario e máxico oculto baixo as...

Ler máis

Edicións Xerais engade novos títulos á colección Sopa de Libros

Luns, 15 Xuño 2009

Nova: Edicións Xerais engade novos títulos á colección Sopa de Libros

Edicións Xerais engade novos títulos á colección Sopa de Libros con Lúa do Senegal e Andanzas de Xan Farrapeiro.

Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do...

Ler máis

Edicións Xerais de Galicia publica "Sempre quixen bailar un tango"

Domingo, 14 Xuño 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia publica "Sempre quixen bailar un tango"

Edicións Xerais de Galicia publica Sempre quixen bailar un tango, de Teresa González Costa, Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais 2008. O xurado salientou a solidez da estrutura dramática desta peza, cualificándoa como unha obra "moi coidada" e "moi ben construída", así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as...

Ler máis

Ir Indo Edicións publica "El ferrocarril en Galicia 2", de Xosé Carlos Fernández

Mércores, 10 Xuño 2009

Nova: Ir Indo Edicións publica "El ferrocarril en Galicia 2", de Xosé Carlos Fernández

Ir Indo Edicións publica El ferrocarril en Galicia 2, de Xosé Carlos Fernández. O atraso na chegada da alta velocidade a Galicia sobre a maioría das CCAA, está orixinado por decisións de sucesivos gobernos do Estado, que priorizan investimentos nas liñas que consideran máis rendibles economicamente.
Ás liñas AV de acceso ás comunidades que xa estaban mellor comunicadas que Galicia, destináronse...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?