Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Edicións Xerais de Galicia publica "A deleiba do mundo", de Amin Maalouf

Luns, 07 Setembro 2009

Nova: Edicións Xerais de Galicia publica "A deleiba do mundo", de Amin Maalouf

Tras a publicación en 2000 da novela A viaxe de Baldassare, Xerais publica A deleiba do mundo, o novo libro de ensaio de Amin Maalouf, o brillante escritor libanés.

 «Entramos no novo milenio sen compás», con esta frase comeza este ensaio en que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela. Para Maalouf dende os primeiros meses do século...

Ler máis

Edicións Xerais saca do prelo dous novos títulos de narrativa

Martes, 01 Setembro 2009

Nova: Edicións Xerais saca do prelo dous novos títulos de narrativa

O recendo das mimosas, de Agustín Agra é unha das novidades de Edicións Xerais de Galicia deste mes de setembro. Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de "A tarasca", de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en...

Ler máis

A Editorial Galaxia engade novos títulos ás coleccións infantís

Martes, 01 Setembro 2009

Nova: A Editorial Galaxia engade novos títulos ás coleccións infantís

A Editorial Galaxia publica novidades editoriais para as coleccións infantís Os Duros e Árbore. Bechos pequerrechos, de María Lires foi presentado na Feira do Libro da Coruña. Bechos pequerrechos, un desfile zoolóxico divertido e cheo de cores. Bechos de cabelos crechos que cantan e contan a súa vida de pequerrechos.

O título pertence á colección Os Duros, da Editorial Galaxia e foi publicado...

Ler máis

Baía edita "A casa máis animada do mundo"

Luns, 24 Agosto 2009

Nova: Baía edita "A casa máis animada do mundo"

Baía Edicións publica A casa máis animada do mundo. Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.
A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais...

Ler máis

A Editorial Galaxia publica "Memorias dun ninguén", de Carlos Mella

Xoves, 20 Agosto 2009

Nova: A Editorial Galaxia publica "Memorias dun ninguén", de Carlos Mella

A Editorial Galaxia sacou do prelo a biografía novelada Memorias dun ninguén, de Carlos Mella. Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial.

Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguén. Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil...

Ler máis

Edicións Xerais engade novos títulos á colección Crónica

Mércores, 19 Agosto 2009

Nova: Edicións Xerais engade novos títulos á colección Crónica

Edicións Xerais de Galicia publica Escapado. Do Monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela García, quen quere lanzar a mensaxe de que é moito máis importante recordar que comprender, por que a memoria sempre pode ser verdadeira, aínda que ás veces sexa falsa. Unha novela que quere ser unha crónica na que se mestura a vida e a morte, o pasado e o presente, a realidade...

Ler máis

Baía Edicións publica "Diario dunha noiteboa", de Jacobo González

Xoves, 30 Xullo 2009

Nova: Baía Edicións publica "Diario dunha noiteboa", de Jacobo González

Baía Edicións engade un novo título á colección Baía Narrativa con Diario dunha noiteboa, de Jacobo González. Na obra ao partir dunha sentenza xudicial pola que coñecemos a morte de Susana Figueiras, o protagonista, xornalista de profesión e historiador de vocación, escribe un diario a través do cal se nos desvela a vida dun grupo de estudantes de Universidade da Compostela, á súa propia, en...

Ler máis

Edicións Xerais publica "Leocadio, o león", da colección Merlín

Luns, 20 Xullo 2009

Nova: Edicións Xerais publica "Leocadio, o león", da colección Merlín

O león Leocadio vivía alá, onde a terra e o ceo debuxan o máis recto dos abrazos. Nacera nunha notable familia de leóns, todos eles hábiles cazadores. Mais as súas carreiras tiñan pouco que ver coa caza. A Leocadio o que lle gustaba era choutar coas cebras, os antílopes e as gacelas. Esta era a razón pola que os tigres se burlaban del e os chistes das hienas resoaban por todas as partes. Como...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?