Xoves, 01 Outubro 2009
Baía Edicións edita A miña amiga a escuridade, de Ella Burfoot. Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como a amiga das nenas e nenos. O libro, para nenos a partir de 2 anos, está especialmente recomendado para evitar o medo á escuridade. Ideal para...
Ler máisMércores, 30 Setembro 2009
Edicións Xerais de Galicia edita A poesía infantil do Século XXI (2000-2008). Os membros da Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico e Iberomareicano (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume un conxunto de estudos, destinados fundamentalmente a todos aqueles que desenvolven labores de mediación, centrados na...
Ler máisVenres, 18 Setembro 2009
Baía Edicións publica O punto da escarola, de Xosé Neira Cruz, gañadora do VI Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2008 (modalidade infantil).
Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao que a súa...
Venres, 18 Setembro 2009
Edicións Xerais publica o álbum A dama da luz, escrito por Agustín Fernández Paz. O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres extraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica...
Ler máisMércores, 16 Setembro 2009
A editorial Galaxia publica dous novos títulos, Teatro occidental: unha historia teatral desde a escenografía e A expresión gramática na educación. A través da análise de numerosos textos, debuxos, planos, gravados, pinturas e fotografías, o libro Teatro occidental: unha historia teatral desde a escenografía ofrece un percorrido polos vestixios que quedan dos tempos en que o arquitecto, o...
Ler máisMartes, 15 Setembro 2009
Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco...
Ler máisVenres, 11 Setembro 2009
A Editorial Galaxia entre as novidades de setembro publica Kafka e a boneca viaxeira, de Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2007. Kafka e a boneca viaxeira contaxia emoción e paixón pola literatura.
Velaquí un libro que fala dun misterio: o que uniu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando,...
Mércores, 09 Setembro 2009
A editorial de Pontevedra continúa coa publicación en galego dos relatos máis coñecidos de E. Allan Poe, enmarcados nesta pequena colección creada para conmemorar os 200 anos do nacemento do autor á quen pon as ilustracións o artista Fino Lorenzo. Desta volta publica senllos volumes nos que podemos atopar os relatos Un descenso ao Maelström e Sombra (vol.3) e A verdade sobre o caso Valdemar, A...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.