Venres, 06 Novembro 2009
Dime algo sucio, de Diego Ameixeiras é unha novela de intriga que pretende desvelar o misterio que une as vidas cruzadas de persoas moi diversas, que buscan atopar un anaco de esperanza nalgunha das fendas da cidade cero. Escrita cunha prosa áxil e directa, amosando unha eficacia narrativa extraordinaria, esta cuarta novela confirma a madurez literaria de Diego Ameixeiras, un dos autores...
Ler máisMércores, 04 Novembro 2009
Despois de moito tempo de traballo, a finais deste mes de novembro, Edicións Xerais presentará a nova edición, revisada, ampliada e actualizada segundo a normativa vixente dunha obra imprescindible. Consta de dous volumes, para facilitar a consulta, e contén máis entradas, etimoloxías e transcricións fonéticas.
O Gran Diccionario Xerais da Lingua é unha obra destinada a toda persoa que...
Ler máisMartes, 27 Outubro 2009
Kalandraka edita o álbum ilustrado Un gran soño, con texto e ilustracións de Felipe Ugalde, gañadora do II Premio Internacional Compostela, un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa...
Ler máisMartes, 20 Outubro 2009
Esta nova colección de Baía Edicións para público Infantil-Xuvenil (a partir de 4 anos), caracterízase por ser unha "obra interactiva e divertida para comprender a vida dos animais, con xogos pedagóxicos para nenas e nenos". Esta colección O meu pequeno animalario está composta por 4 títulos: Os animais da granxa, As crías dos animais salvaxes, A montaña e o bosque e Mares, ríos e lagos.
Os...
Ler máisMartes, 13 Outubro 2009
Obradoiro edita Xoel aprendeu a voar, de Marica Campo. Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista...
Ler máisMartes, 13 Outubro 2009
O contador de estrelas é unha novela que narra o peculiar verán vivido por unha adolescente chamada Antía, afeccionada aos avións e aos libros de vampiros.A trama comeza cando descobre que terá que pasar o verán coa súa nai, Rosa, no seu novo postode traballo. Rosa será a nova emisorista do Servizo Antilumes no Aeródromo de Rozas, na comarca de Lugo, un lugar que se vai ver afectado...
Ler máisVenres, 02 Outubro 2009
Edicións Xerais de Galicia publica a Guía do Courel. A través de 22 rutas excepcionais, con valiosísima documentación, e da man dun grupo de naturalistas expertos no Courel, o viaxeiro ou a viaxeira ten a oportunidade de percorrer con comodidade e información de primeira man as paisaxes desta serra, o corazón natural de Galicia. Dando a coñecer lugares que hoxe poderían ser modelo de xestión...
Ler máisVenres, 02 Outubro 2009
A Editorial Galaxia publica o novo libro de Antonio García Teijeiro, A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula. O libro insírese dentro da Biblioteca de Intervención Social/Didáctica e está chamado a converterse nun dos grandes libros do ano polo que á reflexión sobre a escola se refire. Pero tamén sobre a poesía, a beleza e o que queremos aprenderlles e que aprendan.
Na...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.