Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Sotelo Blanco leva ás librarías “A Muller do Mediodía” de Julia Franck

Venres, 20 Novembro 2009

Nova: Sotelo Blanco leva ás librarías “A Muller do Mediodía” de Julia Franck

O inicio de A Muller do Mediodía transcorre na cidade alemá de Stettin, ás beiras do río Oder, en 1945. O exército ruso acaba de conquistar a cidade, e os seus soldados entran nas casas para saquear e violar. Unha daquelas mulleres violadas, acompañada polo seu fillo de sete anos, sobe a un tren. Na estación na que fan transbordo, a muller abandona ao seu fillo. O que segue é a narración da...

Ler máis

"O home do traxe branco", editado por Xerais, xa está nas librarías

Mércores, 18 Novembro 2009

Nova: "O home do traxe branco", editado por Xerais, xa está nas librarías

Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descobren unha gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun estraño animal. Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá de...

Ler máis

Xerais leva ás librarías "O cabo do mundo", de Xabier Quiroga

Mércores, 18 Novembro 2009

Nova: Xerais leva ás librarías "O cabo do mundo", de Xabier Quiroga

 

«Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cruentos e...

Ler máis

Xerais edita "Sete palabras", de Suso de Toro

Mércores, 18 Novembro 2009

Nova: Xerais edita "Sete palabras", de Suso de Toro

 

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se acrisolan os...

Ler máis

Á venda o libro "Historia social da Guerra de independencia en Galicia", de Xosé R. Barreiro Fernández

Mércores, 18 Novembro 2009

Nova: Á venda o libro "Historia social da Guerra de independencia en Galicia", de Xosé R. Barreiro Fernández

 

Os estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar. Nesta perspectiva dominante sempre cobra especial protagonismo o mundo militar e os personaxes marcados polo conservadorismo da época. Fronte desta visión ideoloxizada, Xosé Ramón Barreiro Fernández descóbrenos o protagonismo do pobo e doutras claves sociais...

Ler máis

3C3 Editores colabora na edición do terceiro número do anuario"Roteiros"

Luns, 16 Novembro 2009

Nova: 3C3 Editores colabora na edición do terceiro número do anuario"Roteiros"

O número 3 do anuario Roteiros xira ó redor das temáticas do republicanismo e da democracia (e das interconexións entre eles), con achegas doutros temas en artigos temáticos específicos e coa incorporación dunha entrevista a Celso X. López Pazos. Á parte das habituais recensións sobre diferentes libros de actualidade, participan cos seus artigos J. Luis Villacañas, Antonio Rivera, José J....

Ler máis

"Tom e Mix, os cabalos de Clara", de Paco López Barxas e ilustracións de Xaime Asensi; novidade co selo de Sotelo Blanco

Sábado, 14 Novembro 2009

Nova: "Tom e Mix, os cabalos de Clara", de Paco López Barxas e ilustracións de Xaime Asensi; novidade co selo de Sotelo Blanco

 

Tom e Mix, os cabalos de Clara de Paco López Barxas e ilustracións de Xaime Asensi.
«Clara vivía nas aforas da cidade, nunha casa rodeada de cabalos. O seu cuarto tamén estaba cheo de cabalos: cabalos con rodas, cabalos de goma, de cartón e de madeira... Nun dos estantes do seu cuarto estaban Tom e Mix, dous purosangue de madeira, que suxeitaban os libros de Clara como dúas sentinelas...

Ler máis

Linteo edita "O Contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo"

Sábado, 14 Novembro 2009

Nova: Linteo edita "O Contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo"

 

O pintor, ceramista e vello galeguista Isaac Díaz Pardo é unha das figuras máis carismáticas e apaixonantes da Galicia actual. Despois de poñer en marcha Cerámicas do Castro, Sargadelos, Ediciós do Castro, o Laboratorio de Formas de Galicia e o Instituto Galego de Información foi apartado da dirección do Grupo Sargadelos por algunhas das persoas que el mesmo colocou ó fronte do proxecto...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?