Asociación Galega de Editores

Novidades editoriais

Xerais saca á luz "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano

Luns, 30 Novembro 2009

Nova: Xerais saca á luz "Mil cousas poden pasar", de Jacobo Fernández Serrano

O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que "Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de...

Ler máis

Xerais engade o libro "Valados" á coleción Merlín

Luns, 30 Novembro 2009

Nova: Xerais engade o libro "Valados" á coleción Merlín

Valados, conto de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez, é un libro chamado a converterse nunha das achegas máis importantes realizadas pola literatura infantil galega até a actualidade. Un libro sobre a amizade por riba de todas fronteiras. Un libro sobre a fraternidade por riba de muros e valados. Un libro sobre a igualdade e liberdade como dereitos primeiros de todos os...

Ler máis

"Aulas multisensoriales en educación especial", novo manual editado por Ideaspropias

Venres, 27 Novembro 2009

Nova: "Aulas multisensoriales en educación especial", novo manual editado por Ideaspropias

O obxectivo deste manual é que o lector adquira o coñecemento e as habilidades precisas para determinar os usos e aplicacións que un aula multisensorial ten no contexto da educación especial, determinando as súas utilidades para o desenvolvemento de actividades de ensino-aprendizaxe.

Ler máis

Ouvirmos dalle vida a Cunqueiro na súa nova Fotobiografía sonora

Mércores, 25 Novembro 2009

Nova: Ouvirmos dalle vida a Cunqueiro na súa nova Fotobiografía sonora

Ouvirmos dedica o cuarto exemplar (libro+2 CD's) da colección de Fotobiografías Sonoras ao escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha obra que presenta dunha forma novidosa a vida e a obra literaria do mindoniense a través de perto de 200 páxinas, máis de 100 fotografías do seu álbum persoal e dous CD's que recollen a propia voz de Cunqueiro así como unha selección dos seus poemas musicados.

Ler máis

Andavira edita a obra "Historia da Música Galega", de María Pilar Alén

Martes, 24 Novembro 2009

Nova: Andavira edita a obra "Historia da Música Galega", de María Pilar Alén

Esta obra aborda a historiografía musical galega, a continuidade e os primeiros cambios, a apertura e defensa do autóctono e a proxección do século XIX no XX.

 

Ler máis

OQO engade o título "O Corazón do xastre" á súa Colección Q

Luns, 23 Novembro 2009

Nova: OQO engade o título "O Corazón do xastre" á súa Colección Q

En O Corazón do xastre son moitos os detalles que paga a pena comentar. O primeiro, a figura deste entrañable protagonista. Reparade nel! Non vos recorda o seu corpo... a un nobelo de fío? E que hai do chapeu, será un sombreiro ou un dedal? A sensibilidade de Cecilia Varela brota nos sitios máis inesperados. Humaniza os elementos da natureza, coma o Sol e a Lúa, que desde o alto, nos sorrín ou...

Ler máis

Sotelo Blanco presenta "Viaxes dun can de palleiro"

Venres, 20 Novembro 2009

Nova: Sotelo Blanco presenta "Viaxes dun can de palleiro"

Novela dirixida especialmente ao público xuvenil na que un can de palleiro narra as aventuras que compartiu con Ulises. ¿Trátase do famoso heroe grego? Si, pero segundo este can de palleiro, Ulises non era grego, era galego, concretamente do Xobre, unha antiga vila de pescadores que hoxe forma parte da Pobra do Caramiñal.

«Eu son un can de palleiro, un can de aldea. Coma quen di, un ninguén....

Ler máis

Sotelo Branco edita "Areaquente" de An Alfaya

Venres, 20 Novembro 2009

Nova: Sotelo Branco edita "Areaquente" de An Alfaya

«Cristovo do Val pensou no outro tipo de fotos. Nas alimenticias: vodas-comuñóns-bautizos- aniversarios. E todo o levou onda Verónica. Nunca pensara tal, nin lle pasara pola cabeza que metía na casa o inimigo, a inimiga. Nunca imaxinara que logo ía ser tan moderno cara a fóra, tan moderno ás portas dos cincuenta, tan moderno como para soportar que a túa muller marche con outra muller e ti...

Ler máis
469 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?