Luns, 14 Decembro 2009
Son 103 receitas de aperitivos en copa, con pan e pastas e de tapas que fan un percorrido pola tradición e a modernidade da cociña galega, que sempre destacou pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, que son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para quen visita o país. A gastronomía galega tanto nas zonas do...
Ler máisDomingo, 13 Decembro 2009
Delimvois (ou dlmvs) é a muralla científica que protexe e rodea unha das cidades do Estado Único. A partir dun texto de Jacobo Paz, «Estado Único», baseado no «Nós» de Yevgueni Zamiatin, Delimvois de Rubén Ruibal quere explorar os límites mentais, os marcos ideolóxicos, as fronteiras de palabras e pensamento nas que dous homes coa memoria borrada e unha aparente muller, científica eminente que...
Ler máisSábado, 12 Decembro 2009
Ás veces para viaxar lonxe, o único que se necesita é un xesto. Como neste caso, en que só hai que abrir esta pequena xoia e pasear polas súas páxinas. No interior espérannos chairas inmensas, baleiras e brancas, polas que vagan os osos...
Dunha maneira sinxela, a autora lusa Isabel Minhós Martins achégase con este álbum ao pobo esquimal. Preséntao na súa faceta máis cotiá: no interior dos...
Sábado, 12 Decembro 2009
(I) Estudo e clasificación temática. Cada comunidade humana, segundo as circunstancias que a individualizan, crea e recrea, a partir da súa propia capacidade de desenvolvemento unha cultura propia que a singulariza no contexto das outras comunidades máis ou menos próximas. Con este volume o autor achéganos ao verdadeiro significado do refrán, partindo so suposto de que tal pretensión só é...
Ler máisMércores, 09 Decembro 2009
A colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, está concibida para inicialos no coñecemento da natureza galega e doutros temas relacionados coa cultura de noso, ademais de facer moito fincapé na onomástica galega. Tras o éxito dos tres primeiros títulos, aparecidos o pasado ano, Mariquiña, a carteira andoriña; Hugo, o carteiro teixugo e...
Ler máisVenres, 04 Decembro 2009
Galaxia edita unha obra que Conta o pasado para traelo ao presente. Desde a senectude o protagonista percorre o fío do tempo vivido: a Guerra Civil vista a través dos ollos dun neno, a mocidade durante o franquismo, a fartura da ilusión e as ambicións logradas... a inanidade final. O autor de Non somos inocentes volve contemplar os tempos idos porque, fóra dese escenario dá brincos a vida, os...
Ler máisMartes, 01 Decembro 2009
O avogado Santiago Nogueira viaxa nesta obra ata os tempos da república e a posterior traxedia da guerra civil; retrata máis adiante a vida universitaria nos anos 40 e 50, os seus anos de docente na Universidade, a súa afección polo fútbol ou pola música popular, ou a súa participación en política como director xeneral de Juventud no segundo goberno de Adolfo Suárez (primeiro da democracia),...
Ler máisLuns, 30 Novembro 2009
O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. "A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.