Luns, 28 Decembro 2009
Combina música e ilustracións para o público infantil a partir de 3 anos. Está interpretado polo músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Bueu, e numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote... Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente.
Ler máisMartes, 22 Decembro 2009
Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.
Ler máisMartes, 22 Decembro 2009
No novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas irrompe Gustave Flaubert con poderosa metáfora: «Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo.» Na ollada tópica sobre Galicia, esa torre de marfil sería unha escaleira na que os protagonistas permanecerían suspensos na dúbida ontolóxica de ser ou non ser....
Ler máisMartes, 22 Decembro 2009
Son 100 receitas con base na cociña do mar que se elabora nun país atlántico como Galicia, onde, talvez como en ningún outro, a gastronomía, ademais dun trazo cultural identificador innegable, é vivida como unha festa colectiva permanente tanto no ámbito familiar como no social. Esta proposta consta dunha selección de pratos fáciles, saborosos, dos moitos que se poden degustar nas vilas e...
Ler máisVenres, 18 Decembro 2009
Nun estado policial, dous militares das forzas de represión deteñen e reclúen unha muller, á que someten a un violento e cruel interrogatorio. Anos despois, o azar fai que os destinos deses dous homes se volvan cruzar tamén traxicamente.
Ler máisVenres, 18 Decembro 2009
Trátase da segunda entrega da serie Poderosa, de Sèrgio Klein, iniciada o pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, como o primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.
Ler máisVenres, 18 Decembro 2009
Este libro único, asinado por Clive Gifford, sinala os lugares desde os que máis de 500 pioneiros de cada eido -a ciencia e a tecnoloxía, a exploración, o deporte, as artes e o espectáculo... -foron noticia no seu día. Do realmente innovador ao sinxelamente estraño, esta obra revela que coche foi o primeiro en romper a barreira do son, quen comeu, entre outros obxectos, unha avioneta e...
Ler máisLuns, 14 Decembro 2009
Son 103 receitas de aperitivos en copa, con pan e pastas e de tapas que fan un percorrido pola tradición e a modernidade da cociña galega, que sempre destacou pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, que son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para quen visita o país. A gastronomía galega tanto nas zonas do...
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.