Mércores, 27 Xaneiro 2010
Inacio Vilariño, autor da obra gañadora do VII Premio Barriga Verde para teatro de monicreques, transpórtanos de forma divertida e con fino humor ao terreiro de aventuras e desventuras amorosas entre Xosé e Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Entre os varios xogos de mañas e malicias, construídos polo padre, é notorio, da lectura do texto, que son moitas as...
Ler máisMércores, 27 Xaneiro 2010
A pesar de que houbo algúns intentos falidos e bos desexos no pasado de escribir o acontecido nestes pequenos grupos de protestantes na cidade galega, pasaba o tempo e a historia caía no esquecemento. Pero non só era unha necesidade que se coñecese a historia do protestantismo desde as súas orixes na capital ourensá, senón que se cruzase coa presenza doutros grupos minoritarios reprendidos.
Ler máisXoves, 21 Xaneiro 2010
A nova obra do fotógrafo Xurxo Lobato quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións...
Ler máisXoves, 21 Xaneiro 2010
Este libro trata do noso pasado máis incómodo: o golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista. Este volume recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos que comentan como se vén recuperando ese pasado incómodo e as reaccións sociais diante deste proceso.
Ler máisXoves, 21 Xaneiro 2010
Trátase dunha selección da obra dun dos principais poetas cubanos contemporáneos, Roberto Fernández Retamar, en edición bilingüe. Poesía que é equilibrio entre a vivencia íntima e a perspectiva panorámica do acontecer colectivo. Ese é o espírito desta Conversa na que o texto orixinal dialoga coa versión galega de Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
Ler máisLuns, 18 Xaneiro 2010
O maquinista Antón obtivo o premio de Teatro Xeración Nós en 1991, sendo o libro co que se deu a coñecer como autora An Alfaya. Xerais recupera para a súa colección Merlín tan magnífico texto da man das ilustracións de Santy Gutiérrez.
Ler máis
Luns, 18 Xaneiro 2010
A poesía como acusación. Textos que acusan de quedar na intención, que amosan a dificultade de actuar. A partir desa constatación, Xiana Arias Rego fai da linguaxe poética receptáculo de marcas: frieiras, mazaduras e varices. O poema sinala a fenda pola que cómpre mirar, abre a palabra ao non aprendido.
Ler máisLuns, 18 Xaneiro 2010
Nesta obra detállanse os elementos dun ordenador persoal, explícase como configurar e conectar periféricos, recóllense as aplicacións ofimáticas e a forma de traballar con ficheiros, entre outros aspectos.
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.