Martes, 09 Febreiro 2010
A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun...
Ler máisMartes, 09 Febreiro 2010
O compositor e intérprete ourensán Magín Blanco diríxese ao público infantil con este libro-cd inluído na Colección Q son. Conta coas aportacións de voces como as de Uxía Senlle, Ugía Pedreira e Guadi Galego.
Ler máisMartes, 09 Febreiro 2010
Nestes contos vive xente que o autor atopou nas encrucilladas da vida e da literatura. Seres perdidos, extraviados, que chamaron a súa porta -e que agora chaman a do lector- porque queren existir na imaxinación doutro. Son personaxes encontrados, fillos do azar e da necesidade. Desde o eco fusco dos fuxidos por causa da Guerra Civil ao popular detective Nivardo Castro. Personaxes que decidiron...
Ler máisXoves, 04 Febreiro 2010
A Biblioteca das Letras Galegas pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nunha coidadosa edición prologada e anotada por Carlos L. Bernárdez. Samos, publicado orixinalmente en 1958 (o derradeiro que viu a luz en vida do autor) é un extraordinario poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio...
Ler máisMartes, 02 Febreiro 2010
As colaboracións, que conforman poliédricamente as vivencias, sentementos e ideas do colectivo que realizou este camiño en abril de 2007, pretenden aportar ledicia e estética a este itinerario vertebrador de Europa neste Ano Santo 2010.
Ler máisSábado, 30 Xaneiro 2010
Este estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político.
Ler máisSábado, 30 Xaneiro 2010
Unha crítica desapadiada do poder, da Historia como instrumento de dominación. Gran Premio de Novela da Academia Francesa. Pierre Michon é un dos grandes autores franceses contemporáneos, unha figura xa mítica no ambiente literario francés, onde é coñecido por ser un dos escritores máis esixentes desde o punto de vista literario pese a manterse afastado dos cenáculos literarios parisinos.
Ler máisVenres, 29 Xaneiro 2010
Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro.
Ler máisCopyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.